Francisco Manuel Balboa
industrial e político galego
Francisco Manuel Balboa Lagoa, nado en Muxía e finado na Coruña o 19 de marzo de 1954,[1] foi un industrial e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1867 Muxía, España |
Morte | 19 de marzo de 1954 (86/87 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | industrial , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Julio Balboa López |
Traxectoria editar
Emigrou a América. Cando retornou instalou en Muxía unha fábrica de encaixes, Encajeras Peninsulares Reunidas SA. Foi membro da Irmandade da Fala da Coruña, da que foi elixido vicepresidente en 1918[2] e conselleiro primeiro en 1921.[3] Foi o presidente da III Asemblea Nacionalista celebrada en Vigo en 1921. Morreu na Coruña con 87 anos.
Vida persoal editar
Casou con Fe López Abente e foi pai de Jesús Manuel, Gonzalo, Francisco, Fe, Lola, Cornelio e Julio Balboa López.
Notas editar
- ↑ La Noche, 22-3-1954, p. 2.
- ↑ El Orzán, 23-4-1918, p. 2.
- ↑ Ínsua, Emilio; Martínez, Xurxo (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. p. 212. ISBN 978-84-9121-304-8.