Francisco Lamas Barreiro

pintor e político galego

Francisco Lamas Barreiro, coñecido como Farruco Lamas, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1896 e finado en Buenos Aires en 1980, foi un pintor e político galego.

Infotaula de personaFrancisco Lamas Barreiro
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1896 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte1980 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAdela Oliveri
Fillosunha
PaiFrancisco Lamas Salgado Editar o valor em Wikidata
IrmánsChita Lamas Barreiro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Familia Lamas Barreiro. Ca. 1920.

Fillo de Francisco Lamas Salgado. Con oito ou nove anos trasladouse coa familia a Arxentina. A comezos de outubro de 1920 chegou a Ourense para cumprir coas súas obrigas militares e coa intención de continuar os seus estudos pictóricos en Madrid. Entrou en contacto coa Mocedá Galeguista d´Ourense, ingresou na organización e en decembro do ano seguinte inaugurou unha exposición das súas obras no salón da Mocedá. Colaborou coa revista Nós, alentou a creación dunha Liga das Nazós do Norte d´Ibéria, e colaborou con ilustracións para a Editorial Céltiga. Participou na IV Asemblea Nacionalista na que asinou unha proposta con Antón Villar Ponte e Manoel Antonio solicitando “que se decrare a incompatibilidade da filiación nazonalista con calquera outra filiación política”.[1] En 1923 regresou a América, integrouse na delegación arxentina da Irmandade Nazonalista Galega e foi director artístico no seu voceiro Terra. En 1926 participou na creación e primeira etapa de A Fouce. Presidiu a partir de 1930 a Sociedade Nazonalista Pondal. Despois abandonou a militancia política e traballou como director de arte do departamento de publicidade da Paramount Pictures.[2]

Vida persoal editar

Casou con Adela Oliveri, coa que tivo unha filla. Foi cuñado de Ramiro Isla Couto, que estivo casado con Chita Lamas Barreiro, irmá máis nova de Farruco.

Notas editar

  1. A IV Asemblea nacionalista 6 (LXX)
  2. "Fuco Lamas Barreiro, o arredista galego da Paramount Films". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2021. Consultado o 04 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar