Francisco Gil Taboada

político, militar e mariño galego

Francisco Gil de Taboada Lemos y Villamarín, nado en Des (Soutolongo, Lalín) o 24 de setembro de 1733 e finado en Madrid en 1809, foi un político, militar e mariño galego, IX vicerrei de Nova Granada (1789), 32º vicerrei do Perú (1790-1796) e XIº capitán xeneral da Real Armada Española.

Infotaula de personaFrancisco Gil Taboada

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Francisco Gil de Taboada Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1733 Editar o valor em Wikidata
Des, España Editar o valor em Wikidata
Morte1810 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Vice-rei do Peru (pt) Traducir
Viceroy of New Granada (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial da armada , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarCapitán General de la Real Armada Española (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra da Independencia española Editar o valor em Wikidata
Francisco Gil Taboada, Vicerrei de Nova Granada e Vicerrei do Perú.

Traxectoria editar

Naceu no pazo de Des, segundo fillo de Felipe Gil de Taboada Villamarín e mais de María Josefa de Lemos Roiz[1]. Aos 16 anos de idade converteuse en cabaleiro de San Xoán de Xerusalén, orde na que chegou a ser Gran Cruz e bailío, comendador de Portomarín e prior do Serenísimo Infante don Pedro. Sentou praza de gardamariña na Compañía do Departamento de Cádiz o 27 de outubro de 1752. Foi ascendido a alférez de fragata o 23 de decembro de 1754, a alférez de navío o 12 de abril de 1760, a tenente de fragata o 8 de abril de 1765 e a tenente de navío o 3 de setembro de 1767. Durante estes mandos estivo embarcado en diferentes buques, facendo cruceiros polo Mediterráneo e os océanos Atlántico e Pacífico.

Ascendeu a capitán de fragata o 22 de outubro de 1770. Con este mando nomeárono gobernador das illas Malvinas, pero non chegou a desempeñar o seu cometido por ser ascendido a capitán de navío o 17 de febreiro de 1776, sendo nomeado capitán da recentemente creada Compañía de Gardamariñas do Departamento de Ferrol, cargo que desempeñou durante algúns anos.

Foi ascendido a brigadier o 19 de xuño de 1781, seguindo no cargo anterior; a xefe de escuadra, o 21 de decembro de 1782 e a instancias de Antonio Valdés, ministro de Indias, a finais de 1788 foi nomeado vicerrei, gobernador e capitán xeneral de Nova Granada e presidente da audiencia de Santa Fe. Ascendeu a tenente xeneral o 4 de marzo de 1789.

Con este grao, pasou en 1790 a vicerrei do Perú e presidente da audiencia de Lima. No regreso a España pasou con éxito polo Xuízo de residencia, onde uns secretarios e un tribunal especial analizaban todas as actuacións do seu goberno como vicerrei, de acordo co establecido nas Leis de Indias. Nestes xuízos nada quedaba sen investigar, ata cadrar a última conta, dándose o caso de durar varios anos.

Foi nomeado conselleiro do Consello Supremo de Guerra e, sen deixar este cargo, desempeñou outros, do ramo da Mariña. En 1799 foi nomeado director xeral da Armada, primeiro con carácter interino e despois en propiedade. O 6 de febreiro de 1805, ao ser designado o xeneral Domingo Grandallana para o mando da escuadra de Ferrol, encargouse interinamente a Gil Taboada da secretaría de Estado e do departamento de Mariña.

Por real decreto do 9 de novembro do mesmo ano, foi ascendido a capitán xeneral da Real Armada. Considérase no decreto que polos seus méritos debe ser ascendido: "al tiempo que S. M. premia el mérito de los combatientes de la escuadra del general don Federico Gravina"[Cómpre referencia]. Confirmóuselle en propiedade, como ministro de Mariña, por real decreto do 22 de abril de 1806. Tamén seguiu desempeñando a dirección xeral da Armada ata 1807, en que se dispuxo que en substitución do devandito cargo se crease o emprego de inspector xeneral de Mariña.

Exercendo estes altos cargos aconteceu o Motín de Aranjuez e os graves sucesos que seguiron, entre eles a abdicación do rei Carlos IV no seu fillo Fernando VII. Gil Taboada, como os demais ministros, foi ratificado no exercicio do seu cometido continuou nel ata a saída do rei cara a Baiona. Para actuar durante a ausencia do monarca formouse unha xunta, composta polos ministros e presidida polo infante don Antonio, tío de Fernando VII.

O conde de Toreno, no seu comentario sobre a xunta, di: Continuó al frente de la marina don Francisco Gil de Taboada y Lemos, anciano respetable, de carácter entero y firme [Cómpre referencia]. Esta calidade axiña tivo que manifestala opoñéndose ao desexo do gran duque de Berg de que lle fose entregado Godoy, que estaba confinado no castelo de Villaviciosa para ser sometido ao fallo dun tribunal. Prevendo que a xunta de ministros decontado sería anulada pola presión dos invasores, Gil Taboada lanzou a idea de que fose substituída por outra, reunida fóra de Madrid.

Cando os franceses obrigaron o infante don Antonio a saír cara a Baiona despois da explosión popular do 2 de maio, escribiu a Gil Taboada unha carta instándoo a que a xunta seguise polas mesmas canles trazadas para evitar males maiores. Mais o 4 de maio Murat quixo presidila, asistindo algúns dos membros, que ao fin cederon. Non así Gil Taboada, que se mantivo firme, presentando a súa dimisión e retirándose ao seu domicilio.

Ao ser evacuado Madrid polos franceses após a Batalla de Bailén, Gil Taboada xurou de novo o seu cargo o 29 de setembro de 1808 en Aranjuez, onde se reuniu a Xunta Central como depositaria do poder supremo da nación durante a ausencia do Rei.

Cando entraron de novo os exércitos franceses na capital, instouse a que pasase a prestar xuramento ante o rei intruso José Bonaparte. Negouse, quedando exposto ás represalias, xa que a súa avanzada idade, era octoxenario, lle impedía fuxir.

Aínda que algúns ministros do corso instaron o monarca a que perseguise a Gil Taboada, o Rei negouse, prohibindo que se molestase a tan valente ancián. Cando faleceu ao ano seguinte, 1809, a gornición francesa de Madrid tributoulle as honras fúnebres que lle correspondían pola súa alta dignidade.

Descendencia editar

Un destacado descendente seu en América é o escritor chileno Antonio Gil Íñiguez e os caudillos arxentinos e gobernadores de Santiago del Estero Antonino Taboada e Manuel Taboada.

Predecesor:
Antonio Caballero y Góngora
Vicerrei de Nova Granada
1789
Sucesor:
José Manuel de Ezpeleta
Predecesor:
Teodoro de Croix
Vicerrei do Perú
17901796
Sucesor:
Ambrosio O’Higgins

Notas editar

  1. Filgueira Valverde, J. (1977). Frey Francisco Gil de Taboada y Lemos. Museo de Pontevedra. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar