Francisco García Fernández (futbolista)

futbolista español

Francisco "Pancho" García Fernández, nado en Ferrol o 1 de xullo de 1951, é un exfutbolista galego. Centrocampista histórico do Deportivo da Coruña, é o noveno futbolista con máis partidos na historia do club (331).

Pancho García
Información persoal
Nome Francisco García Fernández
Nacemento 1 de xullo de 1951 (72 anos)
Lugar de nacemento Ferrol
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Esteiro
–1972 Arsenal
1972–1975 Racing de Ferrol 67+ (16+)
1975–1985 Deportivo da Coruña 290 (41)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu no barrio ferrolán de Esteiro o o 1 de xullo de 1951.[1] Soldador de profesión, traballou na Bazán, ao igual que seu pai, ao tempo que xogaba en equipos modestos como o Esteiro ou o Arsenal.[2] En 1972 pasou ao Racing de Ferrol, club no que militou durante tres tempadas, todas na Terceira División. Na campaña 1973/74 chegou a anotar 15 goles, sendo o segundo máximo anotador do equipo por detrás de Alfonso Castro.

En 1975 fichou polo Deportivo da Coruña e xogou no club coruñés durante a seguinte década completa. Titular na maioría de partidos dese período, viviu o primeiro descenso do club á Segunda División B ao remate da tempada 1979/80. Contribuíu ao ascenso do equipo só un ano despois marcando 10 goles na categoría de bronce. Deixou o club e o fútbol ao remate da tempada 1984/85.

No momento da súa retirada era o segundo futbolista con máis partidos oficiais na historia do Deportivo da Coruña (331), só por detrás do histórico gardameta Acuña (393). Na actualidade ocupa a novena praza.[3]

Notas editar

  1. "Al fin las cosas me salen bien". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xaneiro de 1978. p. 32. 
  2. "García, al Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xuño de 1975. p. 45. 
  3. "Listado de jugadores del Deportivo de La Coruña". BDFutbol (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar