Francisco Frutos

político catalán

Francisco Frutos Gras, coñecido como Paco Frutos, nado en Calella o 6 de setembro de 1939 e finado o 26 de xullo de 2020,[1] foi un político catalán. Foi o secretario xeral do Partido Comunista de España (PCE) entre 1998 e 2009.

Francisco Frutos
Datos persoais
Nacemento6 de setembro de 1939
 Calella
Falecemento26 de xullo de 2020
 Madrid
OrganizaciónPartido Comunista de España, Izquierda Unida
ProfesiónTraballador do Campo, traballador do téxtil
Na rede
IMDB: nm4389292 Dialnet: 196041 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou en política colaborando na creación de Comisións Obreiras nunha fábrica téxtil en Blanes (Barcelona).

Afiliado ao Partit Socialista Unificat de Catalunya (referente catalán do PCE) dende 1963, nas primeiras eleccións autonómicas da democracia, entrou no Parlamento Catalán. Nos anos 80, viuse envolto nos problemas internos do PSUC que resultarían na escisión do sector chamado prosoviético, que formaría o Partit Comunista de Catalunya. Chegou á secretaría xeral do PSUC no ano 1981, tralo cal decidiu trasladarse a Madrid, da man de Gerardo Iglesias, daquela secretario xeral do PCE.

Membro da dirección federal de IU, chegou a enfrontarse con Julio Anguita polo posto de coordinador xeral da formación. Porén, foi o número 2 nas eleccións xerais de 1996, nas que Anguita foi o candidato á Presidencia do Goberno e nas que a formación obtivo o seu máximo resultado electoral, atinxindo 21 deputados, sendo Frutos elixido deputado por Madrid.

Trala dimisión de Anguita no 1998, foi elixido secretario xeral do PCE e foi designado candidato á presidencia do goberno nas eleccións xerais do 2000. Foi o protagonista e principal defensor da alianza co PSOE neses comicios, que supuxeron unha desfeita electoral para IU, que obtivo tan só 9 deputados e perdeu a metade do seu electorado, aínda que el conservou o seu escano.

Foi reelixido secretario xeral do PCE no XVI (2002) e no XVII Congreso do PCE (2005). Debido á discrepancias coa dirección de IU, decidiu non ser candidato nas eleccións xerais do 2004.


Predecesor:
Julio Anguita
  
[[Partido Comunista de España
Secretario Xeral do PCE]] 
1998 - 2009
Sucesor:
José Luis Centella

Notas editar

  1. "Muere Paco Frutos a los 80 años, el último líder españolista del PCE" (en castelán). 26 de xullo de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2020.