Francisco Crespo Rivas

impresor, xornalista e escritor galego


Francisco Crespo Rivas, finado en Redondela o 29 de abril de 1947, foi un impresor, xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaFrancisco Crespo Rivas
Biografía
NacementoGalicia, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de abril de 1947 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMaximino Crespo Rivas Editar o valor em Wikidata

Historia e características editar

Estivo emigrado na Arxentina na década de 1870, onde traballou como procurador e colaborou na prensa. Propietario da Imprenta de Villavieja de Redondela, xunto con Serafín Reboredo Blanco foi fundador de El Pueblo, do que foi director. Foi procurador e fiscal municipal de Redondela (1920-1928). En 1915 promoveu un Sindicato Agrícola Católico. Foi amigo e confidente de Casto Sampedro Folgar.

Os seus restos repousan nun mausoleo no camposanto dos Eidos de Redondela.

Obras editar

  • Tres cosas gallegas. 1º El ganado gallego. 2º La emigración gallega. 3º La agricultura gallega. Ponteareas, Imprenta Montero.
  • Defensa de la ganadería gallega.
  • Redondela.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). Concello, ed. A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela. p. 22. ISBN 84-8302-720-8.