Francisco Barbado Mazuelas

político español

Francisco Barbado Mazuelas, nado en Montoro (Córdoba) en 1895 e finado en Sevilla en 1991, foi un político comunista andaluz.

Infotaula de personaFrancisco Barbado Mazuelas
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor em Wikidata
Montoro, España Editar o valor em Wikidata
Morte1991 Editar o valor em Wikidata (95/96 anos)
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballador da Electromecánica de Córdoba. Foi un dos fundadores do PCE logo da escisión do PSOE. Formou parte do buró político do PCE nos anos trinta, home de confianza do secretario xeral, José Díaz. Foi un dos fundadores da Confederación General de Trabajadoes Unitaria (CGTU) escindida da UGT. Interveu no mitin contra a guerra e o fascismo de Vigo en novembro de 1935, no que se celebrou na Coruña o 1 de xaneiro de 1936 con Dolores Ibárruri e noutros mitins da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 na provincia de Pontevedra. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República pola provincia de Pontevedra en 1936. Durante a Guerra civil foi segundo comandante do Quinto Regimiento. Exiliouse e pasou trinta anos na Unión Soviética como obreiro metalúrxico. En 1969 regresou a España despois de que se promulgara o Decreto-Lei 10/1969, de 31 de marzo, polo que se declaraba a prescrición de todos os delitos cometidos con anterioridade ao 1 de abril de 1939. Foise incorporando ao Partido Comunista en Córdoba. Nos anos setenta foi un referente histórico e moral para os mozos da organización.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar