Francisco Álvarez-Cascos
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Francisco Álvarez-Cascos Fernández, nado o 1 de outubro de 1947 en Madrid, é un político español.
Nome orixinal | (es) Francisco Álvarez-Cascos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de outubro de 1947 (76 anos) Madrid |
Cargos Secretario Xeral do PP (1989 - 1999) Vicepresidente do Goberno de España (1996 - 2000) Ministro de Fomento (2000 - 2004) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | Político |
Partido político | Reforma Democrática Alianza Popular Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Premios | |
Lista
|
Traxectoria editar
De familia asturiana viviu desde mozo en Xixón, estudou enxeñería de camiños en 1976 uniuse a un dos grupos, Reforma Democrática, que posteriormente constituirían Alianza Popular. Entre 1979 e 1986 foi o voceiro de AP no concello de Xixón. Elixido senador por Asturias (1982-1986), candidato á presidencia de Asturias perdeu fronte a Pedro de Silva (1983). Elixido deputado no Congreso dos Deputados en 1986 (ata 2004). Foi elixido secretario xeral do PP en 1989 posto no que permanecería ata 1999. Con José María Aznar foi vicepresidente primeiro e ministro da presidencia (1996-2000) e ministro de fomento (2000-2004). A súa decisión de afastar o Prestige, sen informes que avalaran a decisión,[1] das costas galegas e a súa actuación durante a catástrofe foi moi cuestionada por múltiples sectores sociais e políticos de Galicia.[2]
O 1 de xaneiro de 2011 abandonou o Partido Popular por sentirse "insultado" pola directiva do partido.[Cómpre referencia] Fundou entón o partido Foro Asturias.
Notas editar
- ↑ "Cascos admite que no tiene informes para justificar el alejamiento del «Prestige»" La Voz de Galicia
- ↑ "Rolda de prenda da Comisión Xurídica de Nunca Máis para clarificar o que está a acontecer coa querela de Corcubión". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2006. Consultado o 05 de agosto de 2006.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Álvarez-Cascos |