Francisca Méndez

diplomática mexicana

Francisca Elizabeth Méndez Escobar, nada en Cidade de México o 10 de xullo de 1963, é unha diplomática e politicóloga mexicana que, desde xaneiro de 2017, é a titular da Embaixada de México nos Emiratos Árabes Unidos[1] e é embaixadora de carreira desde abril de 2017.[2]

Infotaula de personaFrancisca Méndez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Autónoma de México Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É licenciada en Ciencias Políticas e Administración Pública pola Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) e conta con dúas mestrías, unha en Estudos Latinoamericanos pola UNAM, e outra en Dereito e Economía das Comunidades Europeas pola Universidade Estatal de Milán. Así mesmo, a embaixadora Méndez cursou diplomados en materias como política internacional e diplomacia pública.

Ingresou no Servizo Exterior Mexicano o 1 de abril de 1991.[3] Desde entón, desempeñou distintos postos na Asesoría de Asuntos Políticos e do Caribe, na Dirección Xeral para as Nacións Unidas e na Dirección Xeral para Temas Globais.

Máis adiante traballou como directora xeral para Organismos e Mecanismos Rexionais Americanos, cargo polo cal traballou como Coordinadora Nacional de México na Alianza do Pacífico, o Cume Iberoamericano e a Comunidade de Estados de América Latina e o Caribe. Tamén estivo adscrita directamente na Subsecretaria para América Latina e o Caribe como Asesora Especial para asuntos empresariais e educativos.

A embaixadora Méndez foi Cónsul Adscrita no Consulado Xeral en Milán e no Consulado Xeral en Barcelona, do cal estivo encargada durante ano e medio. Tamén foi Xefa de Chancelería nas embaixadas en Romanía, Costa Rica, Bélxica e España, e traballou como Encargada de Negocios ad interim por oito meses; e en Bélxica e a Misión de México ante a Unión Europea.[4][5]

Notas editar

  1. "Embajada de México en Emiratos Árabes Unidos" (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  2. Secretaría de Relaciones Exteriores (ed.). "The Mexican Government Strengthens Its Diplomatic Service" (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  3. "Embajada de México en los Emiratos Árabes Unidos" (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  4. Secretaría de Medio Ambiente y Recursos Naturales (ed.). "México, con gran potencial para aprovechar los residuos sólidos: Guerra Abud" (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  5. "Comisiones Unidas De Relaciones Exteriores Elaciones Exteriores, Asia Pacífico" (PDF).