Giuseppe Maria Francesco Vigo, coñecido como Francis Vigo, nado o 13 de decembro de 1747 e finado 22 de marzo de 1836, foi un italo-americano que axudou ás forzas coloniais estadounidenses durante a Guerra de Independencia e axudou a fundar unha universidade pública en Vincennes, Indiana. Como apelido italiano, e de probable orixe toponímica galega, o nome Vigo pronúnciase "VEE-goh" (/ˈviːɡoʊ/, coas variantes [ˈbiɣʊ], [ˈbiħʊ] ou [ˈbiɣo]). Porén, moitas persoas pronúnciano (ao referirse ás moitas rúas, edificios, escolas, vilas, concellos ou cidades que levan o seu nome) como "VIH-go" /ˈvaiːɡo/.[1]

Infotaula de personaFrancis Vigo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1747 Editar o valor em Wikidata
Mondovì (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de marzo de 1836 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Vincennes, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIndiana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , operador de mercados financeiros (pt) Traducir , financeiro , soldado Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Vigo-29 Find a Grave: 32835223 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Mondovì, Italia, serviu no exército de Carlos III en Nova Orleáns. En 1772 estableceu un negocio de comercio de peles en St. Louis. En 1783, Vigo trasladouse a Vincennes e continuou no comercio de peles.

Revolución Americana editar

Vigo axudou a miúdo ás forzas estadounidenses na Guerra da Independencia dos Estados Unidos, o máis famoso como informante de George R. Clark. Vigo foi enviado por Clark a Post Vincennes para inspeccionar e informar das condicións alí, pero foi capturado por indios americanos e entregado ao gobernador H. Hamilton, que recuperara Vincennes para a Coroa. Vigo era español e, polo tanto, en 1778, considerado non combatente, pero Hamilton desconfiaba de Vigo e mantívoo en liberdade condicional até que os franceses de Vincennes, dirixidos polo padre Gibault, esixiron que fose posto en liberdade ante a ameaza de seren cortadas as subministracións locais a Fort Sackville.

Hamilton deixou en liberdade a Vigo coa condición de que non fixese "nada lesivo para os intereses británicos no seu camiño a St. Louis". Fiel á palabra, Vigo viaxou polos ríos Wabash, Ohio e Mississippi até St. Louis antes de regresar a Kaskaskia[2] para informar ao coronel Clark da presenza británica en Vincennes, o que levou a recuperar a cidade en 1779

Ademais dos seus servizos como patriota e espía, Vigo foi o principal financeiro da Revolución Americana no Noroeste. Cando Clark chegou con notas provisorias de papel da Continental, Vigo cambiounas por moeda. O dólar americano cotizaba mal entre os cidadáns franceses, e pronto quedou sen valor. Vigo nunca foi retribuído durante a súa vida, e lembraría que o termo douleur para os franceses significa pena ou dor.[3]

Anos da posguerra editar

Na década de 1790 Vigo comerciou con norteamericanos na costa leste dos Estados Unidos. De 1790 a 1810 foi coronel na Milicia do Condado de Knox [4] antes de dimitir, citando idade e enfermidade.

En 1801, Vigo solicitou ao Congreso dos Estados Unidos unha doazón de terras para establecer a Academia Jefferson en Vincennes. En 1806, Vigo foi nomeado un dos padroeiros orixinais da agora rebautizada Universidade de Vincennes.

En 1818 estableceuse o condado de Vigo en Indiana,[5] e recibiu o seu nome.

Despois de ser celebrado durante unha visita a Terre Haute, sede do condado de Vigo, o 4 de xullo de 1834, Vigo revisou o seu testamento para proporcionar cartos para unha gran campá para o xulgado do condado de Vigo, se algún día fose compensado polos Estados Unidos polos servizos prestados durante a Revolución.

Pasamento editar

Francis Vigo morreu o 22 de marzo de 1836, mentres vivía na casa de Jean Baptiste e Elizabeth LaPlante, en Vincennes. Non foi até 1875, cando a súa propiedade foi autorizada a pagar 8.016,00 dólares, a cantidade que utilizara para financiar a campaña abortada de Clark para tomar Fort Detroit. Este foi o único gasto que o goberno recoñecería oficialmente, pero chegou con 41.282,60 dólares en intereses. Non obstante, ao non ter descendentes consanguíneos Vigo, o goberno só tivo que pagar os gastos solicitados no testamento vigués (que incluía unha campá para a sede xudicial do condado de Vigo).

Legado editar

O condado de Vigo, Indiana, no río Wabash ao norte de Vincennes, recibe o nome de Francis Vigo, así como Vigo, Indiana. O Parque Histórico Nacional George Rogers Clark erixiu unha estatua de Vigo de John Angel en 1934, na beira do río Wabash. Vigo apareceu nunha moeda de coleccionista para celebrar o bicentenario do Estado de Indiana.[6]

Notas editar

  1. vaquero2016, Autor (2013-12-22). "APELLIDO VIGO". ORIGEN DE LOS APELLIDOS (en castelán). Consultado o 2023-02-12. 
  2. Law, páx. 29
  3. Law, páx 50. Law engade que escoitou a anécdota da propia boca do coronel, "The above anecdote I had from the Colonel's own lips."
  4. "Francis Vigo papers, 1751-1873" (PDF). indianahistory.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xullo de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  5. "Vigo County". ww1.vigocounty.org. Consultado o 2023-02-12. 
  6. "View 1". www.digitalindy.org. Consultado o 2023-02-12. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Commager, Henry Steele e Richard B. Morris. The Spirit of Seventy-Six. The story of the American Revolution as told by its participants. Castle Books. HarperCollins. © 1958. LCCN 6711325 ISBN 0-7858-1463-9.
  • Law, Judge. The Colonial History of Vincennes Harvy, Mason & Co. 1858. ISBN 1-55613-199-2 ISBN 1-55613-199-2
  • Somes, Joseph Henry VandeBurgh. Old Vincennes Graphic Books, Nova York. 1962. LCCN 6218417 .

Ligazóns externas editar