Francesco Redi, nado en Arezzo o 18 de febreiro de 1626 e finado en Pisa o 1 de marzo de 1697, foi un médico, naturalista, fisiólogo, e escritor toscano.

Francesco Redi
Francesco Redi
Datos persoais
AlcumeAnicio Traustio
Nacemento18 de febreiro de 1626
LugarArezzo
Falecemento1 de marzo de 1697 (71 anos)
LugarPisa
Nacionalidadetoscano
Actividade
Campomédico, biólogo, poeta, pintor, entomólogo, parasitologista, naturalista, científico e botánico
Alma máterUniversidade de Pisa
editar datos en Wikidata ]

Francesco Redi demostrou (aínda que sen ter demasiado crédito entre os científicos da época) que os insectos non nacen por xeración espontánea, expoñendo as súas experiencias na obra Osservazioni intorno alla generaziones degli insetti (Observacións sobre a xeración dos insectos), de 1668.

Polo seu labor investigador, exposto sobre todo na obra Osservazioni intorno agli animali viventi che si trovano negli animali viventi ("Observacións sobre os animais viventes que se atopan nos animais viventes"), publicada en 1664, está considerado o fundador da helmintoloxía científica (estudo dos vermes parasitos). Amais, realizou tamén estudos sobre o veleno das víboras.

Traxectoria editar

 
Estatua de Franchesco Redi, na Galería Uffizi.

Fillo dun médico da corte dos Medici, Redi estudou cos xesuítas na súa cidade natal, Arezzo, e despois nas universidades de Florencia e Pisa, graduándose en 1647 en medicina nesta última universidade, da que foi despois profesor.

Redi foi, desde 1654, primeiro médico dos grandes duques de Toscana Fernando II e Cósimo II. Se ben comezou estudando as víboras e as súas trabadas, dedicouse sobre todo á parasitoloxía. Polo seu labor pode considerarse como o fundador desta disciplina, especialmente da helmintoloxía, cuxas bases deixou plasmadas no seu tratado de 1684.

O seu experimento de 1668 mostrando a ausencia de vermes nun frasco pechado onde se deixara carne podrecendo asestou un duro golpe á teoría da xeración espontánea.

Nas súas investigacións usou amplamente a disección e a observación co microscopio.

Redi tamén foi un celebrado poeta e en 1665 foi nomeado catedrático de toscano na Academia florentina.

Experimento de Redi editar

 
Capa da obra Experimentos sobre a xeración dos insectos, feitos por Francesco Redi, cabaleiro aretino e académico da Crusca, escrito por el nunha carta ao ilustrísimo señor Carlo Dati [1664]; impresión de 1688.
 
Debuxo da mosca da cereixa no libro Experimentos sobre a xeración dos insectos etc. (1687), de Redi.

Nunha época na que se cría tanto na creación como na xeración espontánea, Francesco Redi era un dos que dubidaba dela, polo que realizou o seguinte experimento:

Colocou unha víbora morta, un peixe e un anaco de carne de tenreira en frascos, que pechou e selou. Noutros frascos colocou os mesmos compoñentes, pero deixouno abertos.

Os resultados foron moi interesantes: nos frascos pechados e selados non había vermes, aínda que o seu contido podrecera e cheiraba mal. Nos frascos abertos, en cambio, víanse vermes, e moscas que entraban e saían. Polo tanto, a carne dos animais mortos non pode xerar vermes, a menos que se depositen nela ovos de insectos.

Redi pensou que a entrada de aire aos frascos pechados podería influír no experimento, polo que ideou outro: puxo carne e peixe nun frasco cuberto con gasa e colocouno dentro duna gaiola cuberta tamén con gasa. Os resultados foron exactamente os mesmos que no primeiro experimento.

Aínda cos resultados obtidos e os doutros investigadores, non só a xente seguía crendo na xeración espontánea, senón que o propio Redi continuaba convencido de que algúns insectos podían xerarse de forma espontánea.

A súa obra máis importante, onde expuxo os resultados das súas experiencias, escribiuna no ano 1684.

Honras editar

Un cráter de Marte, de 62 km de diámetro, leva o seu nome.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar