Francesc Cambó

político español

Francesc Cambó i Batlle, nado en Verges (provincia de Xirona) o 2 de setembro de 1876 e finado en Buenos Aires o 30 de abril de 1947, foi un político catalán, fundador e líder da Lliga Regionalista.

Francesc Cambó
Nacemento2 de setembro de 1876
Lugar de nacementoVerges
Falecemento30 de abril de 1947
Lugar de falecementoBuenos Aires
SoterradoCamposanto de Montjuïc
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónpolítico, financeiro, avogado e xurista
CónxuxeMercè Mallol i Codina
FillosHelena Cambó i Mallol
CargosDeputado por Barcelona (1907 - 1910)
Na rede
Dialnet: 274474 WikiTree: Cambó_i_Batlle-1
editar datos en Wikidata ]
Francesc Cambó

Traxectoria editar

Formación editar

Estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Barcelona. En 1901 foi un dos fundadores da Lliga Regionalista e foi elixido concelleiro do concello de Barcelona. Deputado nas Cortes entre 1907 e 1910, na súa actividade política defendeu a adopción dun estatuto de autonomía para resolver o problema catalán, aínda que acabou aceptando a Mancomunidade catalá como solución de compromiso.

Tras a morte de Enric Prat de la Riba en 1917, Cambó converteuse no líder da Lliga e foi ministro en dous gobernos conservadores, en 1918 ministro de fomento e en 1921 ministro de finanzas, nos dous casos con Antonio Maura como presidente do goberno.

Nas eleccións de 1931 non conseguiu acceder ao Parlamento e marchou ao estranxeiro ata que en 1933 logrou unha acta de deputado, que non revalidou en 1936. Cando estoupou a Guerra civil española atopábase no estranxeiro e aínda que inicialmente non estaba a favor dos militares sublevados, rematou axudándoos por temor a que se establecese unha república prosoviética de gañaren os republicanos, e chegou a financiar con importantes sumas ao bando franquista.

Posguerra editar

Tras a guerra viviu en Suíza, os Estados Unidos e a Arxentina. Cambó fixo de mecenas de numerosas actividades artísticas e culturais. Destaca a creación en 1922 da Fundación Bernat Metge, que traduciu ao catalán numerosos textos clásicos gregos e latinos. Tamén escribiu algúns libros como Les Dictadures (1929) e Per la concòrdia en 1930.