François Bordes, nado o 30 de decembro de 1919 e finado o 30 de abril de 1981, foi un xeólogo, prehistoriador e, co sobrenome literario de Francis Carsac, autor de ciencia ficción.

François Bordes
AlcumeFrancis Carsac
Nacemento30 de decembro de 1919
Lugar de nacementoRives
Falecemento30 de abril de 1981
Lugar de falecementoTucson
NacionalidadeFrancia
Alma máterUniversidade de París
Ocupaciónantropólogo, arqueólogo, prehistoriador, escritor, profesor universitario, escritor de ciencia ficción e xeólogo
CónxuxeDenise de Sonneville-Bordes
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou en Tolosa, Bordeos e París, onde obtivo o doutoramento (1951) en ciencias naturais coa tese Les limons quaternaires du Bassin de la Seine - Stratigraphie et archéologie paléolithique que non se publicou ata 1954. Durante a segunda guerra mundial tivo que interromper os seus estudos e formou parte da Resistencia francesa, participando na liberación de Bordeos. Despois da guerra ingresou no CNRS (1945-1955) ata converterse en profesor de xeoloxía do cuaternario e prehistoria na Facultade de Ciencias da Universidade de Bordeos 1 (1956), alí fundou o Institut du Quaternaire (hoxe Institut de Préhistoire et de Géologie du Quaternaire). Entre 1957 e 1975 foi director do organismo Antiquités Préhistoriques d’Aquitaine.

Dirixiu bo número de escavacións arqueolóxicas, sobre todo no suroeste de Francia, destacando Pech-de-l'Azé, Combe-Grenal ou Corbiac. A súa contribución arqueolóxica máis recoñecida foi a de describir a diversidade de industrias líticas do Paleolítico Inferior e Medio cunha metodoloxía empírica axudada mediante cálculos estatísticos e matemáticos simples e accesibles. A pesar da súa sinxeleza a inclusión das matemáticas foi unha innovación tan grande nos anos 50 que se chegou a falar do método Bordes. O seu sistema creou unha grande escola de prehistoriadores cunha influencia decisiva nos estudos prehistóricos que mesmo provocou a aparición de tendencias opostas a ela, como a tipoloxía analítica e estrutural de Georges Laplace ou a New Archaelogy.

Bordes foi tamén un dos primeiros investigadores en facer experimentos de talla de rochas duras de fractura concoide co obxecto de reconstruír as técnicas de fabricación prehistórica.

Obra editar

Prehistoria e xeoloxía editar

  • Principes d'une méthode d'étude des techniques de débitage et de la typologie du Paléolithique ancien et moyen, L'Anthropologie, t. 54 (1950)
  • Typologie du Paléolithique ancien et moyen, Delmas, Publications de l'Institut de Préhistoire de l'Université de Bordeaux, Mémoire n° 1 (1961)
  • Leçons sur le Paléolithique, CNRS, 3 vol. (1984)

Ciencia ficción editar

  • Ceux de nulle part, 1954
  • Les robinsons du Cosmos, 1955
  • Terre en fuite, 1960
  • Pour patrie l’espace, 1962
  • Ce monde est nôtre, 1962
  • La vermine du lion, 1966
  • Sur un monde stérile, 1997 (escrito en 1945)