Existen 5 especies de fragatas[1] ou rabiforcados[2]. Estas aves, que están emparentadas entre si, pertencen ao xénero Fregata, o único da familia dos fregátidos (Fregatidae), que xunto con outras familias de aves mariñas coma os pelicanos, rabodepallas, corvos mariños e mascatos, constitúen tradicionalmente a orde Pelecaniformes.

Todas son de gran tamaño, adoitan ter unha envergadura de ás de máis de 1,80 m, aínda que o seu esqueleto pode pesar escasamente 114 g. Poden ser de cores negro ou negro e branco.

Esta rechamante combinación de tamaño e lixeireza permítelles planear sen esforzo sobre o mar, onde asexan atentamente a outros paxaros. Se unha fragata ve a outro paxaro, capturando un peixe, lánzase a acosalo até obrigalo a guindar a súa presa, e habilmente atrapa o peixe antes de que caia á auga. As fragatas aniñan en árbores e matogueiras, e os machos atraen ás femias inflando unha bolsa que teñen na gorxas, semellante a un globo vermello. Case nunca se pousan na auga.

Atópase en zonas tropicais orientais dos océanos Pacífico e Atlántico.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Dicionario Digalego fragata Arquivado 18 de agosto de 2018 en Wayback Machine.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". Chioglossa (A Coruña) 1: 122. Consultado o 16 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar