Foudia sechellarum

Foudia sechellarum

Selo postal das Seychelles no que se repesenta unha parella de Foudia sechellarum
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Oscines
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Passeroidea
Familia: Ploceidae
Xénero: Foudia
Especie: F. sechellarum
Nome binomial
Foudia sechellarum
E. Newton, 1867

Foudia sechellarum é unha especie de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, e familia dos ploceidos, unha das sete pertencentes ao xénero Foudia, endémica das illas de Seychelles.[2]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1865 polo ornitólogo inglés Edward Newton,[3] nun traballo publicado en Proceedings of the Scientific Meetings of the Zoological Society of London, Lámina 2 páx. 346.[4]

Etimoloxía editar

Para a do xénero, véxase Foudia.

O epiteto específico, sechellarum, fai referencia ás Seychelles, illas onde habita esta ave.

Características editar

Foudia sechellarum é un pequeno paxaro de até uns 12,5 cm de lonxitude. A plumaxe do macho, fóra da época reprodutiva, é en xeral de cor apardazada polas partes superiores e olivácea agrisada polas inferiores; o pico é negro. A especie ten dimorfismo sexual, xa que o macho, na época da reprodución, presenta unha coloración amarela da que carece a femia. As femias e os inmaturos parécense ás femias e aos inmaturos do seu perente Foudia madagascariensis, pero poden distinguirse dela por teren as partes superiores con menos raias.[1]

Hábitat e distribución editar

Probabelmente orixinariamente ocupaba bosques naturais, pero adaptouse a hábitats artificiais como xardíns e plantacións de coqueiro.[5][6]

Foudia sechellarum hoxe en día ocupa seis illas das Seychelles: Cousin, Cousine e Frégate (desde antigo), e D'Arros, Aride e Denis (nas que foi introducida).[1] A súa área de dispersión antigamente incluía a illa Marianne, posibelmente La Digue, e poida ter sido xeneralizada en todo o grupo das Praslin.[7]

A poboación total desta especie estimouse en ao redor de 3 500 individuos en 2004.[1]

Ecoloxía editar

Foudia sechellarum ten unha dieta variada, que inclúe insectos e outros invertebrados, sementes, néctar e froitos; tamén depreda ovos doutras especies, especialmente de aves mariñas. Parece en gran medida non territorial, ocupando unha ampla área de dispersión, pero ocasionalmente defende un pequeno territorio na época de reprodución. En ocasións, rexistrouse a reprodución cooperativa, como noutas especies de ploceidos, pero xeralmente é en parellas. Poden reproducirse varias veces ao ano, producindo niñadas de 1 a 2 ovos, e incluso aves acabadas de trasladar a Aride lograron até tres intentos de reprodución nos 13 meses despois ao traslado. Poden vivir máis de 10 anos e, excepcionalmente, até máis de 14 anos.[1]

Status editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que, aínda que ten unha área de distribución pequena, encóntrase en seis illas, e a súa poboación está aumentando, ademais de que na actualidad no existen ameazas serias para a supervivencia da especie, cualifica o estado de conservación desta como NT (case ameazada).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 BirdLife International (2018): Foudia sechellarum na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 24 de abril de 2019.
  2. Fouidia Reichenbach, 1850 no ITIS.
  3. Foudia sechellarum E. Newton, 1867 no ITIS.
  4. Wikispecies.
  5. Lloyd, D. E. B. (1973): Habitat utilisation by land birds of Cousin Island and the Seychelles.
  6. Rocamora, G. (1997): Rare and threatened species, sites and habitats monitoring programme in Seychelles: monitoring methodologies and recommended priority actions.
  7. Watson, J. (1984): "Land birds: endangered species on the granitic Seychelles". En: Stoddart, D. R. (ed.) Biogeography and ecology of the Seychelles Islands. The Hague/Boston/Lancaster: Dr. W. Junk Publishers. ISBN 90‐6193‐107‐X, pp. 513-527.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar