Fotografía erótica

A fotografía erótica é un tipo de fotografía que mostra o corpo humano, realizando poses eróticas, mostrando espidos.

Historia e características editar

Xurdiu no século XIX. Na primeira metade do século XIX, o espido foi un dos temas preferidos dos artistas. Vinculouse ás disciplinas deportivas e ás ciencias, perdendo as súas características eróticas.

Aínda que a represión en canto á sexualidade era severa, moitos artistas (fotógrafos ou pintores) viron a posibilidade de rexistrar o corpo humano espido. A primeira aproximación ao espido fotográfico realizouna o francés Louis Jacques Mandé Daguerre cando tomou en 1839 unha fotografía a estatuas e chamounas Natureza morta con esculturas. Estas facían alusión ao Tres Grazas no estilo da Antigüidade Clásica.

O proceso de Daguerre non permitía a representación da figura humana, pola necesidade de longas exposicións, polo que incluíu esculturas da forma humana nas súas naturezas mortas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar