Foto fixa

fotógrafo encargado de documentar o proceso de filmado dun filme

Un fotógrafo ou fotógrafa de foto fixa crea fotografías para documentar o proceso de filmado dunha película. Tamén na industria de mercadotecnia e para a promoción publicitaria na industria do audiovisual e da publicidade.[1][2][3] Ademais de facer fotografías para a promoción dos filmes, o foto fixa axuda diariamente ao proceso de filmado rexistrando os detalles da vestimenta dos actores, decorados e fondos.

Fotografía fixa da película de 1938 Bringing Up Baby con Katharine Hepburn e Cary Grant

Cornel Lucas, un pioneiro do retrato en filmes, foi o primeiro foto fixa en gañar un premio BAFTA en 1998, cando traballou coa British Film industry.[4][5]

Notas editar