Formación Green River

A formación Green River (en inglés, Green River Formation) é unha formación xeolóxica do eoceno que se estende pola parte norte do estado de Utah, o oeste de Colorado e o suroeste de Wyoming, nos Estados Unidos. As capas sedimentarias formáronse nunha vasta rexión de lagos interconectados, e o seu nome provén do río Green (río Verde), un afluente do río Colorado. A formación esténdese sobre tres concas de sedimentación distintas e separadas entre si ao redor dos montes Uinta, un macizo montañoso situado ao nordeste de Utah: a zona de menor extensión encóntrase o noroeste de Colorado, ao leste dos montes Uinta; unha segunda zona está situada ao noroeste de Wyoming, ao norte de Uinta, recibindo o nome de «lago Gosiute», e a zona de maior superficie está no límite entre o nordeste de Utah e o oeste de Colorado, ao sur dos montes Uinta, denominándose «lago Uinta».

Priscacara liops, peixe fósil achado na Formación Green River.

Litoloxía editar

Estes lagos intermontañosos do eoceno orixináronse a causa de varios eventos oroxénicos no cretáceo e o paleóxeno. As concas de sedimentación serviron, durante o eoceno, como enormes depósitos de sedimentos que se orixinaron durante os procesos oroxénicos, especialmente durante a formación das montañas Rochosas, recibindo partículas desde todas as direccións.

O levantamento dos montes Uinta verteu sedimentos nas concas desde o norte, leste e sur; a cordilleira Wind River depositou sedimentos nas concas desde o norte e varias cordilleiras da caena montañosa de Colorado contribuíron desde a rexión oriental, as montañas San Juan fixieron o propio desde o sur e a cordilleira Wasatch fíxoo desde o oeste.

 
Knightia alta, especie da subfamilia dos pelonulinos, fósil do eoceno (hai ca. 56 Ma) de Colorado, Estados Unidos.

Fósiles editar

Na formación pódense distinguir dúas zonas ben diferenciadas de barro limoso moi fino, no que se conservanron unha gran diversidade de fósiles completos e detallados. A zona máis produtiva, a denominada «zona de 18 polgadas», contén unha gran cantidade de fósiles, entre os que destacan os peixes, nunha serie de capas laminadas de barro, e representan aproximadamente uns catro mil anos de depósitos. A segunda zona fosilífera trátase dunha zona non laminada de algo menos de dous metros de grosor na que tamén se poden encontrar fósiles moi detallados, aínda que a súa extracción vese dificultada ao non estar disposta en láminas separábeis.[1]

Notas editar

  1. Kaytee Brenes, Micah Fleming, Nalini Rao, Lani Smith (1999). "The Green River Formation". Localities of the Eocene (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2012. Consultado o 21 de maio de 2008.