Unha forcada é un apeiro agrícola formado por un mango longo rematado en entre tres e seis gallas garruchas e longas, amplamente separadas e cos extremos punzantes.[1] Estas gallas adoitan ser redondas e finas, mais tamén poden ser planas, como as do raño ou a picaña. As forcadas tradicionais eran completamente de madeira, feitas aproveitando unha póla de árbore que se separase en tres a partir dun mesmo nó. Na actualidade, os dentes son metálicos e dispóñense en paralelo.

Forcada tradicional, de madeira

Esta ferramenta adoita usarse para levantar e transportar materiais a eito como palla, follas mortas, esterco etc.

Existen numerosos sinónimos para designar este apeiro: colmeira, forca, forcado, forcanza, forquita (cando é pequena, con dous gallos), furquito, galleta, galleto, gancha ou guita.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para forcada.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar