Folosa de Basora

Folosa de Basora disecada.
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Acrocephalidae
Xénero: Acrocephalus
Especie: A. griseldis
Nome binomial
Acrocephalus griseldis
(Hartlaub, 1891)

A folosa de Basora[Cómpre referencia], ou fulepa de Basora,[2] (Acrocephalus griseldis) é unha é unha ave da familia dos sílvidos (Sylviidae) e do xénero Acrocephalus. Actualmente está en perigo de extinción.

Descrición editar

É moi semellante á folosa grande, da que a diferencian o tamaño, algo menor, a parte inferior do corpo branca e o bico, que é máis estreito, máis longo e máis afiado.

Distribución e hábitat editar

Cría no leste de Iraq e, segundo se soubo recentemente[3] en Israel, en áreas húmidas con abundancia de papiros e canavais. Pasan o inverno no leste de África. Viven entre a vexetación acuática ou ó redor de zonas de auga, corrente ou estancada, en xeral entre o canaval mesto. Durante a viaxe migratoria descansan entre o mato.

O seu canto semella o da folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus), pero é máis profundo.

O ano 2007 foi detectada a súa presenza como ave reprodutora no norte de Israel[4].

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar