O folk punk é un xénero musical que fusiona música folk e punk rock. Popularizouse a comezos dos 80 grazas a The Pogues no Reino Unido e a Violent Femmes nos Estados Unidos. O folk punk chegou a conseguir algún éxito entre o grande público durante esa década. En anos recentes os seus subxéneros celtic punk e gypsy punk experimentaron algún éxito comercial.

Folk punk
Orixe musicalpunk rock, folk, folk rock británico
Orixe culturalcomezos dos 80 no Reino Unido e Estados Unidos
Instrumentos típicosguitarra eléctrica, guitarra acústica, voces, banjo, batería, violín, mandolina, acordeón, washboard, washtub bass, baixo
Subxéneros
celtic punk, gypsy punk

Características editar

A diferenza do rock celta e o folk rock británico, o folk punk tende a incluír relativamente pouca música tradicional no seu repertorio. A meirande parte dos músicos do xénero interpretan as súas propias composicións, de estilo punk rock pero engadindo instrumentos folk, como mandolinas, acordeóns, banjos ou violíns.[1] Porén, algunhas bandas de folk punk adoptaron formas tradicionais da música folk, como as celeumas.

Notas editar

  1. Sweers, B. (2005). Electric Folk: The Changing Face of English Traditional Music. Oxford University Press. pp. 197–198.