Foho Tatamailau

montaña de Timor Leste

Coordenadas: 8°54′24″S 125°29′36″L / -8.9066666666667, 125.49333333333

O Foho Tatamailau (ou Foho Ramelau) é unha montaña de Timor Leste, que cunha altura de 2.963 m é a maior elevación do país e de toda a illa de Timor. Durante a ocupación colonial portuguesa era denominado Pico do Ramelau.

Tatamailau
O Foho Tatamailau
O Foho Tatamailau
Altitude 2.963 m
Rexión Timor Leste
Montaña Cordilleira Central de Timor
Primeiro ascenso
Tipo de volcán Estratovolcán (Extinto)
O Tatamailau localízase no oeste de Timor Leste

Xeografía editar

O Ramelau é unha montaña de orixe volcánica, situado no centro da illa de Timor e no oeste de Timor Leste, no norte do distrito de Ainaro no límite do distrito de Ermera. A capital do país, Dili, está a uns 70 km cara ao sur do pico.

Ascensión editar

O Tatamailau é unha montaña relativamente fácil de escalar. Desde Hatu Builico, sito a unha altitude de 1950 m tárdanse unha 2 horas e media en atinxir o cume. A 2.700 m de altura hai un altar a aire libre. Na cima hai, desde 1997, unha imaxe da Virxe María, e unha inscrición, en portugués, datada en 1938, indica que o pico era a maior elevación do Imperio portugués. Desde a cima, en días claros, pódese ver a costa setentrional e a meridional de Timor e máis tamén o illa de Atauro.

Contorno ambiental editar

Desde os 2.000 m de altura a zona está so protección desde o ano 2000. Cunha superficie de 20.000 hectáreas é unha importante zona de aves salvaxes.