Florentino Rodríguez Palacios

político asturiano

Florentino Rodríguez Palacios, nado na parroquia de Caborana do concello de Ayer en 1896 e finado en Aranga o 23 de setembro de 1936, foi un político asturiano.

Infotaula de personaFlorentino Rodríguez Palacios

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
Ayer, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Aranga, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militante socialista, estivera na cadea na súa mocidade a consecuencia da folga xeral de agosto de 1917. Despois foi candidato socialista nas eleccións municipais de Ayer en 1920 e foi un dos asistentes ao congreso mineiro celebrado en xaneiro de 1922 en Mieres. Foi alcalde socialista de Ayer de 1932 a 1936. En xaneiro de 1936 foi xulgado pola súa participación na revolución de outubro de 1934, e condenado á pena de doce anos e un día de prisión. Foi detido na noite do 21 ao 22 de setembro de 1936 en Santa Cruz de Mondoi, Oza dos Ríos, onde residía accidentalmente, por dous homes que se identificaron como axentes da autoridade.

O seu cadáver apareceu na mañá do 23 de setembro de 1936 na estrada de Castela en Aranga, morto por disparos. Foi soterrado no cemiterio de Vilarraso e inscrito no rexistro civil de Aranga como descoñecido. En decembro de 1940 María López Lendoiro identificou ao morto como o seu marido Florentino Rodríguez Palacios.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar