Florentino Pereira Míguez
político galego
Florentino Pereira Míguez, nado en Redondela en 1888 e finado no mesmo concello en setembro de 1969, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 Redondela, España |
Morte | setembro de 1969 (80/81 anos) Redondela, España |
Alcalde de Redondela | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Manuel Pereira Míguez |
Irmáns | José Pereira Míguez e Luís Pereira Míguez |
Traxectoria editar
Fillo de Manuel Pereira Míguez.[1] Procurador dos tribunais. Na Segunda República foi membro do Partido Radical. Presentouse ás eleccións municipais de maio de 1933, obtendo só 62 votos. En xaneiro de 1935 foi elixido Vicesecretario do Centro Radical. A principios de 1936 foi nomeado polo gobernador civil membro da Xestora de Redondela e o 3 de xaneiro foi elixido alcalde de Redondela.[2] Cesou no cargo logo da vitoria do Fronte Popular nas eleccións de febreiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 non sufriu represalias. Finou en Redondela en setembro de 1969.[3]
Predecesor: Buenhijo Pérez Sobrino |
Alcalde de Redondela 1936 |
Sucesor: Serafín Dacosta Pazo |
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada: Do Castro. p. 301. ISBN 84-8485-090-0.