Florentino Canosa Barreiro
sindicalista galego
Florentino Canosa Barreiro, nado en Cee cara a 1907 e finado na Coruña o 9 de decembro de 1936, foi un sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 Cee, España |
Morte | 9 de decembro de 1936 (28/29 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | Pena de morte (Ferida por arma de fogo ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Empregado da Fábrica de Carburos Metálicos de Cee. Sindicalista da UGT. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi fusilado en Punta Herminia o 9 de decembro de 1936. Foi soterrado no cemiterio da Coruña.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Fernández Prieto, Lourenzo; et al. (2011). A represión franquista na comarca da Coruña. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. p. 58. ISBN 978-84-8487-288-7.
- Lamela, Luis (2002). A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Do Castro. p. 139.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Florentino Canosa Barreiro na páxina web Nomes e Voces.