Florence Nightingale

enfermeira británica

Florence Nightingale, nada o 12 de maio de 1820 en Florencia e finada o 13 de agosto de 1910 en Londres, foi unha enfermeira británica famosa por ser a pioneira no tratamento a feridos de guerra, durante a Guerra de Crimea. Tamén contribuíu no campo da estatística, especialmente na creación de sistemas de representación gráfica como o gráfico sectorial (comunmente coñecido como diagrama polar ou Rosa Nightingale).

Florence Nightingale
AlcumeThe Lady with the Lamp
Nacemento12 de maio de 1820
Lugar de nacementoFlorencia
Falecemento13 de agosto de 1910
Lugar de falecementoLondres
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
RelixiónIgrexa Anglicana
Ocupaciónenfermeira, estatístico, escritora, política e mestra
PaiWilliam Nightingale
NaiFrances Smith
IrmánsFrances Parthenope Verney
PremiosOrdem de Mérito, Fellow of the Royal Statistical Society e Real Cruz Vermelha
Na rede
Musicbrainz: 6d36d479-ca77-4758-b627-adef5d3a0208 Discogs: 1195412 WikiTree: Nightingale-64 Find a Grave: 12439 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A súa familia, rica e ben relacionada, vivía en Florencia, en Italia.[1] Por iso, Florence recibiu o nome en inglés da cidade en que naceu, como a súa irmá máis vella Parthenope nacida en Partenope. Recibiu unha importante formación en humanidades e tamén en matemáticas, aritmética, álxebra, xeometría (o que non resultaba usual no seu tempo) nun primeiro momento dedicase a ensinar estas disciplinas a nenos. Moza brillante e impetuosa, rebelouse contra o papel convencional para as mulleres do seu status, que sería o dunha esposa exemplar, e decidiu dedicarse á enfermaría.[2]

Enfermería editar

Tradicionalmente, o papel de enfermeira era exercido por mulleres axudantes en hospitais ou acompañando exércitos. Florence Nightingale estaba particularmente preocupada coas condicións de tratamento médico dos máis pobres e indixentes. Ela anunciou a súa decisión á súa familia en 1845, provocando rabia e ruptura, particularmente da súa nai.

Aparentemente, Florence sufría de esquizofrenia.[Cómpre referencia] En decembro de 1844, en resposta á morte dun mendigo nunha enfermaría en Londres, que rematou nun escándalo público, ela foi a principal defensora de mellorías no tratamento médico. Inmediatamente, obtivo o apoio de Charles Villiers, presidente do Poor Law Board (Comité de Lei para os Pobres). Isto a levou a ter un papel activo na reforma das Leis dos Pobres, estendendo o papel do Estado máis alén do fornecemento dos tratamentos médicos.

En 1850, visitou en Kaiserwerth ( Düsseldorf) un hospital pioneiro, fundado e dirixido polo pastor Theodor Fliedner, no que prestaban os coidados de enfermaría as Diaconisas de Kaiserwerth, formadas na propia escola do hospital. Nightingale quedou impresionada pola calidade do tratamento médico e polo compromiso e prácticas das diaconisas.[2]

En 1853, asume o cargo de Superintendente no Instituto para o Coidado de Señoras Enfermas en Londres.

Teórica editar

Conseguiu que se reformasen os coidados médicos militares británicos. No ano 1860 funda a primeira Escola de Enfermaría laica, no Saint Thomas Hospital de Londres.[3]

Considerada coma unha das pioneiras da enfermaría moderna, acadou o nivel de profesional. Loitou por fundamentar os coidados en evidencias científicas e por afianzar o corpo de coñecementos dos profesionais da saúde. Creadora do primeiro modelo conceptual da enfermaría. Modelo naturista. Considerase a primeira teórica a partir da que se fundamenta a enfermaría como disciplina académica.

Escritora editar

Ditou conferencias e realizou diversos escritos, os máis coñecidos: Notas sobre enfermería. Que é e que non é? en 1859. Notas sobre Hospital. 1859. Notas en cuestións que afectan a Saúde, a Eficiencia e a Administración Hospitalaria do Exército Británico. Suxestións para pensar para os buscadores das verdades relixiosas. 1860.

Literatura e feminismo editar

Máis coñecida polas súas contribucións nos campos da enfermería e das matemáticas, a obra de Nightingale tamén é importante no estudo do feminismo inglés. A fins da primeira metade do século XIX, loitou pola súa autodeterminación e en contra das expectativas familiares dun matrimonio de conveniencia con algún membro da clase alta. Pouco tempo despois, dirixiuse a Kaiserswerth para o seu adestramento no Instituto para diaconesas.

En 1860 expuxo o seu pensamento nunha edición privada de Suggestions for Thought to Searchers after Religious Truth, unha obra de 829 páxinas en tres volumes.[4]​ En 2008, a universidade canadense Wilfrid Laurier University publicou esta obra no volume 11 dun proxecto de 16 volumes que reúne a obra completa de Nightingale: The Collected Works of Florence Nightingale.[5] O máis coñecido destes ensaios, Cassandra, foi publicado en 1928 por Ray Strachey, quen o incluíu en The Cause (A Causa), unha historia do movemento feminista.

Guerra de Crimea editar

A contribución máis famosa de Florence foi durante a Guerra de Crimea, que se tornou o seu principal foco cando os relatos da guerra comezaran a chegar a Inglaterra contando sobre as condicións horríbeis para os feridos. En outubro de 1854, Florence cun equipo de 38 enfermeiras voluntarias educadas por ela, inclusive a súa tía Mai Smith, partiron para Crimea.[3] Faise cargo da organización do hospital de Scutari, mellorando as condicións das instalacións, no que se refire ó amoreamento dos soldados feridos, falta de ventilación, deficientes desaugadoiros e outras cuestións de hixiene e máis da deficiente alimentación que se estaban a dar.

Regreso a Inglaterra editar

Florence Nightingale volveu para Inglaterra como unha heroína en agosto de 1857 e, de acordo coa BBC, era probabelmente a persoa máis famosa da Era Vitoriana alén da propia Raíña Vitoria.

En 1883, a Raíña Vitoria concedeu a Florence Nightingale a Cruz Vermella Real e en 1907 converteuse na primeira muller en acadar a Orde do Mérito.[6]

Estatística editar

 
Diagrama polar ou Rosa de Nightingale.

Dende moi nova salienta en matemáticas. Aplicou os seus coñecementos estatísticos á epidemioloxía e á estatística sanitaria. Foi innovadora na recolleita, tabulación, interpretación e representación das estatísticas descritivas. Demostrou de xeito práctico que a estatística ofrece un marco de organización para controlar e aprender coa finalidade última de mellorar a praxe médica e maila cirúrxica. Desenvolveu unha Fórmula Modelo de Estatística Hospitalaria, coa finalidade de que nos hospitais se xerasen e recollesen datos e se elaborasen estatísticas consistentes. Idea unha representación gráfica coñecida como diagrama de área polar o Rosa de Nightingale.[7]

O diagrama de área polar empregouno para representar o número de mortes durante a Guerra de Crimea (1853-1856). Consiste nun círculo dividido en sectores co mesmo ángulo.

Cada sector ten diferente radio en función da casuística. Dentro dun mesmo sector pódense representar varios datos. No gráfico que vemos a dereita da imaxe representa o número de éxitus: nas áreas azuis, os finados por enfermidade infecciosas; nas vermellas, os mortos por feridas; nas negras, os que pasaron por outras causas.

Recoñecemento científico editar

O mundo científico realizoulle varios recoñecementos entre os máis salientables encontramos os seguintes: Primeira muller admitida na Royal Statistical Society Británica en 1860. Membro honorario da American Statistical Association 1874. Recibiu a Cruz vermella do Mérito. A Orde do Mérito Británico.

Dende o ano 1974 celébrase o Día Internacional da Enfermería, promovido polo Consello Internacional de Enfermaría, celébrase cada 12 de maio, para conmemorar o seu nacemento.

A súa memoria continuaba viva cen anos despois do seu pasamento.

Loitadora nata editar

 
Florence Nightingale en 1910.

A súa figura aínda, cen anos despois, resultaba moi controvertida. Sendo unha muller vitoriana convencida loitou por librarse do estereotipo do rol feminino. Tamén estivo contra a imaxe caritativa asociada ás coidadoras, tendo sempre presente o carácter humano dos coidados. Defendendo así unha profesión emerxente.

Se ben é certo que non é unha feminista, temos que enmarcala dentro do contexto social no que se desenvolveu, xa que contribuíu á causa da emancipación da muller.

Non inventa a enfermaría como profesión, pero o seu traballo, si resulta ser un punto de inflexión na profesionalización da enfermaría moderna e mesmo coloca os primeiros alicerces na consideración dos coidados como unha disciplina.

Notas editar

  1. "Florence Nightingale: Her Birthplace". www.countryjoe.com. Consultado o 2021-05-12. 
  2. 2,0 2,1 "Attewell, Alex (marzo de 1998). «Florence Nightingale (1820-1910)». Perspectivas: revista trimestral de educación comparada (UNESCO: Oficina Internacional de Educación) XXVIII (1): 173-189" (PDF). Wayback Machine. 2012-01-17. Archived from the original on 17 de xaneiro de 2012. Consultado o 2021-05-12. 
  3. 3,0 3,1 "King's College London - History". web.archive.org. 2013-02-24. Archived from the original on 24 de febreiro de 2013. Consultado o 2021-05-12. 
  4. Nightingale, Florence (1994). Suggestions for Thought by Florence Nightingale: Selections and Commentaries (en inglés). University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0-8122-1501-4. 
  5. "Laurier Press - Collected Works of Florence Nightingale". web.archive.org. 2011-09-27. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 2021-12-16. 
  6. "Florence Nightingale The final years". web.archive.org. 2011-10-08. Archived from the original on 08 de outubro de 2011. Consultado o 2021-05-12. 
  7. "Brasseur, Lee (2005). «Florence Nightingale’s Visual Rhetoric in the Rose Diagrams» (pdf) (en inglés). Illinois State University." (PDF). web.archive.org. 2012-08-16. Archived from the original on 16 de agosto de 2012. Consultado o 2021-05-12. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Nigthingale, Florence. Notes on nursing : what it is, and what it is not. Londres : Harrison, 1859.
  • Pollard, Eliza F. Florence Nigthingale: La amiga del soldado herido. [Bilbao] : Colegio de Enfermería de Bizkaia, Academia de Ciencias de Enfermería de Bizkaia, 2011. (aparentemente inédito)

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar