Flammkuchen, ou Flammenkuchen, é un tipo de coca que se come en Alemaña e tamén é típica da gastronomía da zona de Alsacia (Francia). En Alemaña hai tamén outros tipos de receitas parecidas, o Palatinado e Baden.

Flammekueche

En alsaciano é coñecido como Flammekuechle, e en francés ás veces tradúcese como tarte flambée.

Ingredientes e preparación editar

A base da flammkuchen é unha fina masa de pan sinxela, elaborada con fariña e auga, sobre a que se colocan outros alimentos; tradicionalmente cebola crúa, touciño e nata líquida, que adoita estar un pouco condimentada. Os ingredientes mistúranse e bótanse sobre a masa de pan en cru, e logo cócense a forno forte de dez a quince minutos.

Dependendo da zona úsase nata, unha especie de petitsuís batido (ao que chaman "queixo fresco") ou unha mestura de ambos.