Fionnula Flanagan

actriz irlandesa

Fionnghuala Manon Flanagan, nada en Dublín o 10 de decembro de 1941, é unha actriz irlandesa que traballou de xeito moi prolífico no teatro, cinema e televisión.

Fionnula Flanagan
Nacemento10 de decembro de 1941
LugarDublín
NacionalidadeIrlanda
Profesiónactriz de teatro, actriz de cinema e actriz de televisión
Na rede
IMDB: nm0001217 Allocine: 3081 Allmovie: p89947 IBDB: 86999 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Criouse en Dublín xunto cos seus pais, Rosanna e Terence Niall Flanagan e os seus catro irmáns.[1] Fala irlandés e inglés de xeito fluído. Aínda que os seus pais non eran falantes nativos do primeiro, querían que ela e mailos seus irmáns o aprendesen. Flanagan foi educada en Suíza e Inglaterra, e formouse no Abbey Theatre de Dublín. Viaxou por toda Europa antes de radicar finalmente nos Ánxeles en 1968.

Política editar

Flanagan apareceu xunto a Helen Mirren en Some mother's son, un filme de 1996 escrito e dirixida por Terry George, onde interpretou a nai dun folguista de fame do Exército Republicano Irlandés (IRA). Posteriormente, nun acto conmemorativo presentado polo partido político Sinn Féin en Dublín, Flanagan pronunciou un discurso para os republicanos irlandeses e os seus familiares falecidos durante o último episodio do Conflito de Irlanda do Norte.

Flanagan e o seu esposo (dende 1972), Garrett O'Connor, tamén un nacionalista irlandés, son coñecidos por ofrecer festas para a comunidade irlandesa de Estados Unidos na súa casa de Hollywood Hills.

Filmografía editar

Filmes editar

Título Ano Personaxe
Kill the Irishman 2011 ---
The Guard 2010 Eileen Boyle
A Christmas Carol 2009 Mrs. Dilber
The invention of lying 2009 Martha
Di que si 2008 Tillie
Slipstream 2007 Bette Lustig
Four Brothers 2005 Evelyn Mercer
Transamerica 2005 Elizabeth Schupak
Divine Secrets of the Ya-Ya Sisterhood 2002 Aimee Malissa «Teensy» Whitman
The Others 2001 Bertha Mills
Walking Ned 1998 Annie O'Shea
Some Mother's Son 1996 Annie Higgins
Youngblood 1986 Miss McGill
A aventura dos Ewoks 1984 Catarine Towani
In the region of ice 1976 A irmá

Televisión editar

Notas editar

  1. "Fionnula Flanagan Biography (1941-)". Filmreference.com (en inglés). Consultado o 6 de xuño de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar