Finalissima 2022

3ª edición da Copa de Campións CONMEBOL–UEFA

A Finalissima 2022 foi a terceira edición da Copa de Campións CONMEBOL–UEFA, un partido de fútbol entre os gañadores da última Copa América e a última Eurocopa. O partido enfrontou a Italia, gañadora da Eurocopa de 2020 (celebrada en 2021), contra a Arxentina, gañadora da Copa América 2021. Xogouse no estadio de Wembley de Londres, o 1 de xuño de 2022. O partido, un renacemento da antiga Copa Artemio Franchi disputada por última vez 29 anos antes, foi organizado pola UEFA e a CONMEBOL como parte dunha renovada colaboración entre as dúas confederacións. A selección arxentina conseguiu a vitoria por 3-0, facéndose así co seu segundo título.[1]

Modelo:Competición deportivaFinalissima 2022
Imaxe
Nome na lingua orixinal(en) 2022 Finalissima Editar o valor em Wikidata
TipoCopa de Campións CONMEBOL–UEFA Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorConfederación Sudamericana de Fútbol Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónWembley Stadium (Brent (pt) Traducir) 51°33′20″N 0°16′46″O / 51.5556, -0.2794Coordenadas: 51°33′20″N 0°16′46″O / 51.5556, -0.2794 Editar o valor em Wikidata
PaísReino Unido Editar o valor em Wikidata
Número de edición3  (2022) Editar o valor em Wikidata
Competición

ÁrbitroPiero Maza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Primeiro postoArxentina Editar o valor em Wikidata

Contexto editar

En 1985 e 1993, os vencedores dos torneos da Eurocopa e da Copa América disputaron a Copa Artemio Franchi, un torneo a partido único organizado pola UEFA e a CONMEBOL.[2] Era a competición de seleccións nacionais equivalente á Copa Intercontinental de clubs, disputada entre os gañadores da Copa de Europa/Liga de Campións da UEFA e da Copa Libertadores. A selección de Francia gañou a edición de 1985 en París, mentres que a Arxentina gañou o partido de 1993 en Mar del Plata. Con todo, a competición interrompeuse tras esa segunda edición.[3] A Copa Artemio Franchi pódese considerar un antecedente da Copa do Rei Fahd/Copa Confederacións da FIFA, disputada por primeira vez en 1992 e organizada pola FIFA desde 1997, que enfrontaba aos campións dos torneos continentais e da Copa do Mundo da FIFA.[4] Dita competición foi abolida trala edición de 2017.[5]

O 12 de febreiro de 2020, a UEFA e a CONMEBOL asinaron un novo memorando de entendemento, co obxectivo de mellorar a cooperación entre as dúas organizacións. Como parte do acordo, unha comisión mixta da UEFA e da CONMEBOL examinou a posibilidade de organizar partidos intercontinentais entre Europa e América do Sur, tanto para o fútbol masculino como para o feminino e entre varios grupos de idade.[6] O 28 de setembro de 2021, a UEFA e a CONMEBOL confirmaron que os gañadores da Eurocopa e da Copa América se enfrontarían nun partido intercontinental, cun acordo que abarcaría inicialmente tres edicións a partir de 2022. O 15 de decembro de 2021, a UEFA e a CONMEBOL asinaron de novo un memorando de entendemento renovado ata 2028, que incluía disposicións específicas sobre a apertura dunha oficina conxunta en Londres e a posible organización de varios eventos de fútbol. Confirmouse que o partido tería lugar no estadio de Wembley de Londres o 1 de xuño de 2022.[7][8] Ademais anunciouse que o novo nome da Copa Artemio Franchi sería "Copa de Campións CONMEBOL–UEFA".[9]

Equipos editar

Equipo Confederación Cualificación Participacións previas
(en negra gañadores)
Clasificación FIFA
(marzo 2022)[10]
  Italia UEFA Gañadores da Eurocopa de 2020 Ningún 6
  Arxentina CONMEBOL Gañadores da Copa América 2021 1 (1993) 4

Italia clasificouse para o partido grazas á súa vitoria na Eurocopa de 2020 (celebrada en 2021), na que derrotou a Inglaterra na quenda de penaltis da final, tamén celebrada en Wembley, no que foi o segundo título da Eurocopa para o conxunto italiano.[11] Arxentina clasificouse ao gañar a Copa América 2021, derrotando na final ao Brasil por 1-0, conseguindo o seu 15º título da Copa América e o primeiro en 28 anos.[12][13]

Sede editar

 
Estadio de Wembley de Londres, sede do partido

O partido celebrouse no estadio de Wembley de Londres, Inglaterra.[14] O estadio de Wembley foi inaugurado en 2007, no lugar do estadio orixinal, cuxa demolición tivo lugar entre 2002 e 2003.[15][16] Propiedade da Asociación Inglesa de Fútbol (FA), serve como estadio nacional de fútbol de Inglaterra. O estadio foi sede da Eurocopa 2020 e albergou a final desta, gañada por Italia nos penaltis ante a propia Inglaterra. O estadio orixinal, antes coñecido como Empire Stadium, abriu en 1923 e acolleu partidos do Mundial de 1966, entre eles a final, na que Inglaterra derrotou a Alemaña Occidental por 4-2 despois da prórroga. Albergou tamén partidos da Eurocopa de 1996, incluíndo a final, na que Alemaña derrotou á República Checa. Wembley tamén acolle a final anual da FA Cup dende 1923 (excepto nas edicións de 2001 a 2006, cando o estadio estaba sendo reconstruído).[17]

Cadros de xogadores editar

As dúas seleccións tiveron que presentar un cadro de xogadores de 23 membros, dos cales tres debían ser porteiros, antes do 29 de maio de 2022, tres días antes do partido.[18]

Italia editar

Italia anunciou un equipo preliminar de 39 homes o 23 de maio de 2022.[19] O 27 de maio ampliouse a 45 xogadores, con oito futbolistas máis, mentres que Domenico Berardi e Andrea Pinamonti quedaron fóra da lista por lesión.[20] O equipo definitivo anunciouse o 30 de maio.

Arxentina editar

Arxentina anunciou un primeiro equipo de 35 homes o 13 de maio de 2022.[21] O 20 de maio reduciuno a 29 xogadores.[22] O equipo definitivo anunciouse o 1 de xuño.

Previa do partido editar

Identidade editar

O 22 de marzo de 2022 a UEFA revelou que o nome do partido sería Finalissima ("finalísima" en italiano). O logotipo baséase na coroa de loureiro, símbolo de excelencia e vitoria. Presenta cintas coas cores das nacións competidoras, a Tricolore de Italia á esquerda e a Albiceleste da Arxentina, que se unen arredor do trofeo da competición. Ademais, conta con varias cintas en platino e ouro, os metais máis preciosos, destinadas a resaltar o significado do partido. Segundo a UEFA, os lazos "simbolizan os fortes vínculos entre a CONMEBOL e a UEFA, e o seu compromiso co desenvolvemento do fútbol máis aló das súas zonas xeográficas".[9]

Entradas editar

A capacidade do estadio foi de 86.000 espectadores para o partido, con entradas vendidas aos afeccionados e ao público en xeral por orde de chegada a través de UEFA.com . Dispoñibles a partir do 24 de marzo de 2022, as entradas estaban dispoñibles en catro categorías de prezos: 25 £, 40 £, 55 £ e 99 £.[23]

Árbitros editar

O 30 de maio de 2022, anunciouse que o árbitro do partido sería o chileno Piero Maza, de 37 anos, designado conxuntamente pola CONMEBOL e a UEFA.[24] Maza é árbitro da FIFA desde 2018,[25] aínda que o partido foi o seu primeiro encontro internacional sénior como árbitro.[26] Con todo, Maza xa actuara anteriormente como cuarto árbitro e asistente de VAR na Copa América 2019,[27] así como como no VAR da Copa Mundial Sub-17 de 2019.[28] Acompañárono como xuíces de liña os seus compatriotas Christian Schiemann e Claudio Ríos. O árbitro español Jesús Gil Manzano exerceu como cuarto árbitro, sendo os seus compatriotas Alejandro Hernández Hernández e Juan Martínez Munuera dous dos encargados do VAR. O portugués Tiago Martins foi o outro asistente do VAR.[29]

Partido editar

Detalles editar

Italia 0 – 3 Arxentina 1 de xuño de 2022, 20:45 CESTWembley, Londres
Asistencia: 87 112
Árbitro:   Piero Maza
Informe
Lautaro   28'
Di María   45+1'
Dybala   90+4'
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Italia


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Arxentina


PO 21 Gianluigi Donnarumma
LD 2 Giovanni Di Lorenzo     72'
DF 19 Leonardo Bonucci     39'
DF 3 Giorgio Chiellini (c.)   46'
LE 13 Emerson   77'
MD 8 Jorginho
MC 12 Matteo Pessina   62'
MC 18 Nicolò Barella     77'
ED 10 Federico Bernardeschi   46'
DC 9 Andrea Belotti   46'
EE 22 Giacomo Raspadori
Substitucións:
DF 6 Manuel Lazzari   46'
DI 17 Gianluca Scamacca   46'
CC 5 Manuel Locatelli   46'
DF 4 Leonardo Spinazzola   62'
DF 23 Alessandro Bastoni   77'
Adestrador:
  Roberto Mancini
 
PO 23 Emiliano Martínez
LD 4 Nahuel Molina
DF 13 Cristian Romero   85'
DF 19 Nicolás Otamendi     22'
LE 3 Nicolás Tagliafico
MD 18 Guido Rodríguez
MC 20 Giovani Lo Celso   90+1'
MC 7 Rodrigo De Paul   76'
ED 10 Lionel Messi (c.)
DC 22 Lautaro Martínez   85'
EE 11 Ángel Di María   90+1'
Substitucións:
CC 14 Exequiel Palacios   76'
DF 6 Germán Pezzella   76'
DI 9 Julián Álvarez   85'
CC 15 Nicolás González   90+1'
DI 21 Paulo Dybala   90+1'
Adestrador:
  Lionel Scaloni

Xogador do partido:
  Lionel Messi

Árbitros asistentes:
  Christian Schiemann
  Claudio Ríos
Cuarto árbitro:
  Jesús Gil Manzano
Árbitro principal VAR:
  Alejandro Hernández Hernández
Árbitros asistentes VAR:
  Juan Martínez Munuera
  Tiago Martins

Regras do partido

  • 90 minutos
  • Quenda de penaltis en caso de empate
  • Máximo de doce suplentes no banco
  • Máximo de cinco substitucións, con só tres oportunidades para facer substitucións durante o tempo de xogo, excluíndo as substitucións feitas no descanso.

Notas editar

  1. Irigoyen, Juan I. (1 de xuño de 2022). "Argentina silencia a Italia en La Finalissima". El País (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  2. "Worldwide football network". UEFA (en inglés). 1 de xaneiro de 2011. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  3. "UEFA. 60 years at the heart of football" (PDF). UEFA (en inglés). 2014. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  4. Carter, Jon (5 de xuño de 2009). "A troubled tournament looks forward" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  5. "FIFA Council votes for the introduction of a revamped FIFA Club World Cup". FIFA (en inglés). 15 de marzo de 2019. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  6. "UEFA and CONMEBOL renew Memorandum of Understanding to enhance cooperation". UEFA (en inglés). 12 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  7. "UEFA and CONMEBOL renew and extend Memorandum of Understanding". UEFA (en inglés). 15 de decembro de 2021. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  8. "European and South American champions meet in ‘Finalissima’ Wembley showdown". UEFA (en inglés). 22 de marzo de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  9. 9,0 9,1 "Finalissima 2022, Italy vs Argentina: Brand identity revealed". UEFA (en inglés). 22 de marzo de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  10. "Clasificación de seleccións da FIFA". FIFA (en inglés). 31 de marzo de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  11. "Italy 1-1 England, aet (3-2 on pens): Donnarumma the hero as Azzurri win EURO 2020!". UEFA (en inglés). 11 de xullo de 2021. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  12. "Argentina stun Brazil in Copa América final to end 28-year trophy drought". The Guardian (en inglés). 10 de xullo de 2021. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  13. "Finalissima 2022: Meet winners Argentina". UEFA (en inglés). 22 de marzo de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  14. "Finalissima 2022, Italy vs Argentina venue guide: Wembley Stadium, London". UEFA (en inglés). 1 de xuño de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  15. "Final whistle for Wembley's towers". BBC (en inglés). 1 de setembro de 2016. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  16. "Gates' Microsoft Becomes Wembley Stadium Backer". Forbes (en inglés). 20 de outubro de 2005. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  17. "Sede de la Finalissima 2022 entre Italia - Argentina: Wembley Stadium, Londres". UEFA (en castelán). 1 de xuño de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  18. "Italy vs Argentina 2022 Finalissima preview: Where to watch, kick-off time, predicted line-ups". UEFA (en inglés). 26 de maio de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  19. "Trentanove convocati per le gare di giugno: torna Spinazzola, prima chiamata per Frattesi e Pinamonti". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). 23 de maio de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  20. "Inizia il raduno a Coverciano. Mancini: “Bisogna ripartire, ci sono giovani dal grande futuro”". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). 27 de maio de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  21. "El entrenador Lionel Scaloni dio a conocer la prelista de convocados para el viaje del equipo nacional. El próximo fin de semana se publicará la nómina definitiva.". Twitter (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  22. "El entrenador @lioscaloni dio a conocer la nómina definitiva de futbolistas para el viaje a Europa.". Twitter (en castelán). 20 de maio de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  23. "Finalissima 2022 tickets sold out: Wembley to host Italy vs Argentina". UEFA (en inglés). 22 de marzo de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  24. "Finalissima 2022, Italy vs Argentina: All you need to know". UEFA (en inglés). 1 de xuño de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  25. "Lista de árbitros internacionais da FIFA" (PDF). FIFA (en inglés). 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  26. "Partidos arbitrados por Piero Maza". worldfootball.net (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  27. "Árbitros convocados para la CONMEBOL Copa América – Brasil 2019". Confederación Suramericana de Fútbol (en castelán). 21 de marzo de 2019. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  28. "Lista de árbitros da Copa do Mundo sub-17 de 2019" (PDF). FIFA (en inglés). 21 de agosto de 2019. Consultado o 2 de xuño de 2022. 
  29. "Árbitros confirmados para la Finalissima" (en castelán). 30 de maio de 2022. Consultado o 2 de xuño de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar