Final Fantasy XIII

Final Fantasy XIII (ファイナルファンタジーXIII Fainaru Fantajī Sātīn?) é un videoxogo producido por Square Enix, sendo a décimo terceira entrega da serie Final Fantasy. Saíu para a PlayStation 3 no Xapón o 17 de decembro de 2009 e en América do Norte e as rexións PAL o 9 de marzo de 2010 para PlayStation 3 e Xbox 360. Motomu Toriyama (director de Final Fantasy X-2) é o director deste xogo.[1]

Final Fantasy XIII
Desenvolvedor(es)Square Enix
Distribuidora(s)Square Enix
Director(es)Motomu Toriyama
Produtor(es)Yoshinori Kitase
Deseñador(es)Takatsugu Nakazawa
Programador(es)Yoshiki Kashitani
Escritor(es)Daisuke Watanabe
Motomu Toriyama
Artista(s)Isamu Kamikokuryo
Compositor(es)Masashi Hamauzu
MotorCrystal Tools
LanzamentoPlayStation 3, Xbox 360 (9 de marzo de 2010)<
Microsoft Windows (9 de outubro de 2014)
XéneroRol
Modos de xogoUn xogador / Multixogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)PlayStation 3, Xbox 360, Microsoft Windows
Lingua/sVoces en inglés e xaponés, textos en castelán
SerieFinal Fantasy (principal) Fabula Nova Crystallis
Na rede
https://eu.finalfantasy.com/titles/finalfantasy13
IMDB: tt0802988 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

O argumento deste capítulo xira en torno á civilización do Niño (Cocoon na versión inglesa), unha sociedade que vive flotando por riba de Paals, considerado polos cidadáns coma o inframundo. O Niño foi formado por uns entes sobrenaturais cheos de poder chamados fal'Cie, dos que existen dous tipos: Os do propio Niño, encargados de defendelo, e os de Paals, inimigos do Niño.

Os fal'Cie ademais, ás veces, maldín aos humanos cos que entran en contacto, converténdoos en lu'Cie. Estes deberán cumprir unha misión para o fal'Cie, se non queren acabar por se converter nun monstro, e aínda que consigan levar a cabo a misión, o seu destino será converterse nun cristal para sempre, polo que se di que o lu'Cie está ben fodido.

A trama comeza cando o Sanctum, goberno oficial do Niño, realiza unha purga expulsando ós cidadáns de Bodhum, unha pequena cidade costeira do Niño, que estaba preto dun Vestixio de Paals, no interior do cal atopouse ó fal'Cie Ánima, a Paals, por estaren, supostamente contaminados polas influencias do inframundo. Entre o grupo de exiliados encontraranse os protagonistas da historia, que contemplarán impresionados como a purga torna nunha matanza civil.

Notas editar

  1. Brad Shoemaker & Dan Tochen (2006). "E3 06: Square Enix announces trio of Final Fantasy XIII games". Gamespot. Consultado o 8 de maio de 2006. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar