Final Destination

Final Destination é un filme estadounidense de terror dirixido por James Wong que se estreou no 2000. O guión foi escrito por Glen Morgan, Wong e Jeffrey Reddick, e baséase nunha historia de Reddick. O filme está protagonizado por Devon Sawa, Ali Larter, Kerr Smith e Tony Todd. Sawa interpreta a un adolescente que "evita á morte" despois de ter unha visión de si mesmo e os seus amigos perecendo nunha explosión no avión. A premonición sálvao a el e a outros pasaxeiros, pero continúan a ser perseguidos pola Morte, a cal reclama as vidas que deberían ter perdido no avión.

Final Destination
Ficha técnica
Título orixinalFinal Destination
DirectorJames Wong
ProdutorGlen Morgan
Warren Zide
Craig Perry
GuiónJames Wong
Glen Morgan
Jeffrey Reddick
IntérpretesDevon Sawa
Ali Larter
Kerr Smith
Tony Todd
MúsicaShirley Walker
FotografíaRobert McLachlan
MontaxeJames Coblentz
EstudioZide/Perry Productions
Hard Eight Pictures
DistribuidoraNew Line Cinema
Estrea2000
Duración98 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Orzamento$23 000 000[1]
Recadación$112 880 294
Filme seguinteFinal Destination 2
Na rede
http://thefinaldestinationmovie.com/
IMDB: tt0195714 Filmaffinity: 924698 Allocine: 25096 Rottentomatoes: m/final_destination Mojo: finaldestination Allmovie: v184311 TCM: 443098 Metacritic: movie/final-destination TV.com: movies/final-destination-2000 Netlix: 60000393Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Un estudante ten unha premonición antes de subirse ó avión no que se dispón a ir a París cos seus compañeiros. Presentindo que algo grave vai pasar, el e os seus amigos desembarcan antes da engalaxe. Efectivamente, o avión sofre un tráxico accidente, e os mozos pensan que se libraron dunha morte segura grazas á premonición do seu amigo. Mais a morte perségueos para tomar as vidas que lle deben.

Personaxes editar

Actor Personaxe
Devon Sawa Alexander Chance Browning
Ali Larter Clear Rivers
Kerr Smith Carter Horton
Seann William Scott William Hitchcock
Kristen Cloke Ms. Valerie Lewton
Chad E. Donella Tod Waggner
Amanda Detmer Terry Chaney
Brendan Fehr George Waggner
Forbes Angus Mr. Larry Murnau
Lisa Marie Caruk Christa Marsh
Christine Chatelain Blake Dreyer
Tony Todd William Bludworth

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar