Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar

artigo de listas da Wikimedia

Esta é unha lista dos filmes propostos na 78ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.

Gavin Hood, director do filme gañador.

Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2004 e o 30 de setembro de 2005. A lista oficial de filmes aceptados incluíu 54 filmes. Costa Rica, Fidxi e Iraq presentaron filmes por primeira vez.

Os cinco candidatos (Alemaña, Francia, Italia, Palestina e Suráfrica) anunciáronse o 31 de xaneiro de 2006.[3] O filme Tsotsi de Gavin Hood gañou o premio,[4] primeiro filme surafricano que recibiu o premio.

Propostas editar

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
  Alemaña Sophie Scholl – Die letzten Tage Alemán Marc Rothemund
Nomeado
  Arxentina El aura Castelán Fabián Bielinsky Non nomeado
  Austria Caché Francés Michael Haneke Descualificado[5]
  Bangladesh Shyamol Chhaya Bengalí Humayun Ahmed Non nomeado
  Bélxica L'Enfant Francés Jean-Pierre e Luc Dardenne Non nomeado
  Bolivia Di buen día a papá Castelán Fernando Vargas Descualificado[6]
  Bosnia e Hercegovina Sasvim lično Serbocroata Nedžad Begović Non nomeado
  Brasil 2 Filhos de Francisco Portugués Breno Silveira Non nomeado
  Bulgaria Otkradnati ochi Búlgaro, turco Radoslav Spassov Non nomeado
  Canadá C.R.A.Z.Y. Francés Jean-Marc Vallée Non nomeado
  República Checa Štěstí Checo Bohdan Sláma Non nomeado
  Chile Play Castelán Alicia Scherson Non nomeado
  China Wu ji Mandarín Chen Kaige Non nomeado
  Colombia La sombra del caminante Castelán Ciro Guerra Non nomeado
  Corea do Sur Welkeom tu dongmakgol Coreano Park Kwang-hyun Non nomeado
  Costa Rica Caribe Castelán Esteban Ramírez Non nomeado
  Croacia Ta divna splitska noć Serbocroata Arsen Anton Ostojić Non nomeado
  Cuba Viva Cuba Castelán Juan Carlos Cremata Malberti Non nomeado
  Dinamarca Adams æbler Dinamarqués Anders Thomas Jensen Non nomeado
  Eslovaquia Slnečný štát Eslovaco, checo Martin Šulík Non nomeado
  Eslovenia Ruševine Esloveno Janez Burger Non nomeado
  España Obaba Castelán Montxo Armendáriz Non nomeado
  Estonia Stiilipidu Estoniano Peeter Urbla Non nomeado
  Fidxi Pear ta ma 'on maf Rotumano Vilsoni Hereniko Non nomeado
  Finlandia Äideistä parhain Sueco, finés Klaus Härö Non nomeado
  Francia Joyeux Noël Francés, alemán, inglés Christian Carion
Nomeado
  Grecia Nyfes[7] Inglés Pantelis Voulgaris Descualificado
  Hong Kong Ru guo Mandarín, cantonés Peter Ho-Sun Chan Non nomeado
  Hungría Sorstalanság Húngaro, alemán Lajos Koltai Non nomeado
  India Paheli Hindi Amol Palekar Non nomeado
  Indonesia Gie Indonesio Riri Riza Non nomeado
  Irán Kheili dour, Kheili nazdik Persa Reza Mir Karimi Non nomeado
  Iraq Marsiyeh barf Kurdo Jamil Rostami Non nomeado
  Islandia Í takt við tímann Islandés Ágúst Guðmundsson Non nomeado
  Israel Eyzeh Maqom Nifla Hebreo, ruso, tagalo, inglés Eyal Halfon Non nomeado
  Italia La bestia nel cuore Italiano Cristina Comencini
Nomeado
  Luxemburgo Le Roman de Renart Francés Thierry Schiel Non nomeado
  México Al otro lado Castelán, árabe Gustavo Loza Non nomeado
  Mongolia The Cave of the Yellow Dog Mongol Byambasuren Davaa Non nomeado
  Noruega Vinterkyss Noruegués Sara Johnsen Non nomeado
  Países Baixos Bluebird Neerlandés Mijke de Jong Descualificado[8]
  Palestina Paradise Now Árabe, inglés Hany Abu-Assad
Nomeado
  Perú Días de Santiago Castelán Josué Méndez Non nomeado
  Polonia Komornik Polaco Feliks Falk Non nomeado
  Porto Rico Cayo Castelán Vicente Juarbe Non nomeado
  Portugal Noite Escura Portugués, ruso João Canijo Non nomeado
  Romanía Moartea domnului Lăzărescu Romanés Cristi Puiu Non nomeado
  Rusia Italyanets Ruso Andrei Kravchuk Non nomeado
  Serbia e Montenegro San zimske noći Serbocroata Goran Paskaljević Non nomeado
  Singapur Be with Me Inglés, hokkien, mandarín, cantonés Eric Khoo Descualificado[9]
  Suecia Zozo Sueco, Árabe Josef Fares Non nomeado
  Suíza Tout un Hiver sans Feu Francés, albanés Greg Zglinski Non nomeado
  Suráfrica Tsotsi zulú, xosa, afrikaans, inglés Gavin Hood Premio da Academia
  Tailandia Maha'lai muang rae Tailandés Jira Maligool Non nomeado
  Taiwán Tiānbiān yìduǒyún Mandarín Tsai Ming-liang Non nomeado
  Taxiquistán Sex o phalsapheh Taxico Mohsen Makhmalbaf Descualificado[6]
  Turquía Lovelorn Turco Yavuz Turgul Non nomeado
  Uruguai Alma Mater Castelán Álvaro Buela Not on final list
  Venezuela 1888: El Extraordinario Viaje de Santa Isabel Castelán Alfredo Anzola Disqualified
  Vietnam Mùa len trâu Vietnamita Nguyen Vo Nghiem Minh Non nomeado
  Xapón Chi to Hone Xaponés, coreano Yoichi Sai Non nomeado
  Xeorxia Tbilisi, Tbilisi Xeorxiano Levan Zakareishvili Non nomeado

Cambios e controversias editar

  • O filme candidato Paradise Now foi nomeado inicialmente como procedente de Palestina.[10] Porén, despois de protestas de grupos proisraelís nos Estados Unidos, a Academia decidiu designar a proposta como da Autoridade Palestina, movemento que foi criticado por Hany Abu-Assad, director do filme.[11][12] Durante a cerimonia de entrega dos premios, o filme foi anunciado polo presentador Will Smith como proposta dos Territorios Palestinos.[13]
  • Venezuela seleccionou 1888: El Extraordinario Viaje de Santa Isabel, mais o envío atrasado por unha demanda e pasou a data límite.[14] O Uruguai informou da elección de Alma Mater, mais finalmente só foi enviado aos premios Goya.
  • O Nepal seleccionou Basain, mais debido a un cambio na data de estrea foi proposto o ano seguinte.
  • Filipinas non propuxo ningún filme por primeira vez en dez anos. A Academia filipina indicou que pensaban que non foran convidados a participar porque a invitación oficial non chegou ao seu novo enderezo.
  • Italia seleccionou inicialmente of filme Private, mais a Academia informou que o filme sería descualificado por non ser nunha lingua italiana. A Academia italiana apelou a decisión, mais finalmente seleccionou outro filme.

Notas editar

  1. En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. "History of the Academy Awards - Page 2". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 23 de xuño de 2008. 
  3. Marcus, Lawrence (29 de xaneiro de 2006). "Oscar Watch: Sorvino to help unveil noms". Variety. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2014. Consultado o 25 de abril de 2014. 
  4. "Tsotsi wins Academy Award | South African History Online". www.sahistory.org.za. Consultado o 2020-08-13. 
  5. Descualificado porque o filme é completamente en francés, non nunha lingua indíxena de Austria.
  6. 6,0 6,1 Descualificado porque non chegou a tempo á Academia unha copia do filme.
  7. [https://www.indiewire.com/article/with_national_pride_at_stake_foreign_language_films_compete_for_oscar_glory Indie Wire/
  8. Descualificado porque era demasiado similar a unha versión emitida previamente na televisión neerlandesa. Xa pasara o prazo para que o comité seleccionase outro filme.
  9. Descualificado despois da mostra oficial por ser maioritariamente en inglés.
  10. Gray, Tim (14 de febreiro de 2006). "Acad denies 'Now' rumors". Variety. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2015. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  11. Gray, Tim (1 de marzo de 2006). "Oscar tune impugned". Variety. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  12. Agassi, Tirah (26 de febreiro de 2006). "Middle East tensions hang over Palestinian nominee for an Oscar / 'Paradise Now' traces lives of two men who are suicide bombers". San Francisco Chronicle. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  13. Zayid, Maysoon (20 de setembro de 2012). "Movie is 'not without its rewards'". Manawatu Standard. p. 13. 
  14. Venezuela

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar