Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar

artigo de listas da Wikimedia

Os seguintes 54 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 75ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa.[1] Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación da China, Finlandia, Alemaña, México e os Países Baixos. O galardón recaeu sobre Alemaña, co filme Nirgendwo in Afrika, dirixido por Caroline Link.

Caroline Link, directora do filme gañador

Afganistán, Bangladesh e o Chad presentaron os seus filmes por vez primeira.

Propostas editar

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
  Afghanistan Fire Dancer Pashto e inglés Jawed Wassel Non nomeado
  Alemaña Nirgendwo in Afrika Alemán e suahili Caroline Link Premio da Academia
  Alxeria Rachida Francés e árabe Yamina Bachir-Chouikh Non nomeado
  Arxentina Kamchatka Castelán Marcelo Piñeyro Non nomeado
  Austria Gebürtig Alemán Robert Schindel e Lukas Stepanik Non nomeado
  Bangladesh Matir Moina Bengalí Tareque Masud Non nomeado
  Bélxica Le fils Francés Jean-Pierre e Luc Dardenne Non nomeado
  Brasil Cidade de Deus Portugués Fernando Meirelles Non nomeado
  Bulgaria Podgryavane na vcherashniya obed Búlgaro Kostadin Bonev Non nomeado
  Canadá Un crabe dans la tête Francés André Turpin Non nomeado
  Chad Abouna Árabe e francés Mahamat Saleh Haroun Non nomeado
  República Checa Divoké včely Checo Bohdan Sláma Non nomeado
  Chile Ogú y Mampato en Rapa Nui Castelán Alejandro Rojas Non nomeado
  China Heroe Mandarín Zhang Yimou
Nomeado
  Colombia Los niños invisibles Castelán Lisandro Duque Naranjo Non nomeado
  Corea do Sur Oasiseu Coreano Lee Chang-dong Non nomeado
  Croacia Fine mrtve djevojke Croata Dalibor Matanić Non nomeado
  Cuba Nada Castelán Juan Carlos Cremata Malberti Non nomeado
  Dinamarca Elsker dig for evigt Dinamarqués Susanne Bier Non nomeado
  Eslovaquia Kruté radosti Eslovaco Juraj Nvota Non nomeado
  Eslovenia Zvenenje v glavi Esloveno Andrej Košak Non nomeado
  España Los lunes al sol Castelán Fernando León de Aranoa Non nomeado
  Exipto A Girl's Secret Árabe Magdy Ahmed Aly Non nomeado
  Filipinas Mga Munting Tinig Tagalo Gil M. Portes Non nomeado
  Finlandia Mies vailla menneisyyttä Finés Aki Kaurismäki
Nomeado
  Francia 8 femmes Francés François Ozon Non nomeado
  Grecia To monon tis zois tou taxeidion Grego Lakis Papastathis Non nomeado
  Hong Kong Tian mai zhuan qi[2] Inglés Peter Pau Descualificado
  Hungría Hukkle Húngaro György Pálfi Non nomeado
  India Devdas Hindi Sanjay Leela Bhansail Non nomeado
  Indonesia Ca-bau-kan Indonesio Nia diNata Non nomeado
  Irán I'm Taraneh, 15 Persa Rasul Sadrameli Non nomeado
  Islandia Hafið Islandés Baltasar Kormákur Non nomeado
  Israel Broken Wings Hebreo Nir Bergman Non nomeado
  Italia Pinocchio Italiano Roberto Benigni Non nomeado
  Líbano When Maryam Spoke Out Árabe mAssad Fouladkar Non nomeado
  Luxemburgo Petites misères Francés Laurent Brandenburger e Philippe Boon Non nomeado
  México El crimen del Padre Amaro Castelán Carlos Carrera
Nomeado
  Noruega Tyven, tyven Noruegués Trygve Allister Diesen Non nomeado
  Países Baixos Zus & Zo Neerlandés Paula van der Oest
Nomeado
  Polonia Edi Polaco Piotr Trzaskalski Non nomeado
  Portugal O Delfim Portugués Fernando Lopes Non nomeado
  Reino Unido Eldra[3] Galés Tim Lyn Non nomeado
  Romanía Filantropica Romanés Nae Caranfil Non nomeado
  Rusia House of Fools Ruso e checheno Andrei Konchalovsky Non nomeado
  Serbia Labyrinth Serbio Miroslav Lekic Non nomeado
  Suecia Lilja 4-ever Sueco e ruso Lukas Moodysson Non nomeado
  Suíza Aime ton père Francés Jacob Berger Non nomeado
  Tailandia Monrak Transistor Tailandés Pen-ek Ratanaruang Non nomeado
  Taiwán The Best of Times Taiwanés, mandarín e hakka Chang Tso-chi Non nomeado
  Tunisia La Boîte magique Francés e árabe Ridha Behi Non nomeado
  Turquía Dokuz Turco Ümit Ünal Non nomeado
  Uruguai El último tren Castelán Diego Arsuaga Non nomeado
  Venezuela La pluma del arcángel Castelán Luis Manzo Non nomeado
  Xapón Out Xaponés Hideyuki Hirayama Non nomeado

Controversias e cambios editar

O anuncio dos filmes elixibles aprazouse pola presenza de catro filmes que podían non cumprir as regras:

  • Hong Kong propuxo un filme de acción (The Touch) rodado completamente en inglés e Afganistán enviou por primeira vez un filme (Fire Dancer) que trata sobre afgáns-estadounidenses rodado principalmente en inglés e parcialmente en dari. Cando se estreou en Afganistán dobrouse ao dari e esta versión foi a que se enviou á Academia. O filme de Hong Kong foi descualificado, mais o afgán (cuxo director fora asasinado antes de acabar a posprodución) foi aceptado.
  • O Reino Unido seleccionou The Warrior, produción británica ambientada na India falada en hindi e dirixida por Asif Kapadia, director británico de ascendencia india. O filme, gañador do premio da BAFTA ao mellor filme británico, foi descualificado porque segundo a Academia o hindi non é unha lingua indíxena do Reino Unido e o filme non trata sobre británicos nin ambientado no país.[4] Finalmente foi substituído por Eldra, filme en galés. En 2006, a Academia modificou as regras para permitir a presenza de filmes en linguas non indíxenas.
  • Palestina tratou de propor Divine Intervention, mais a Academia considerou que Palestina non era considerado un país nin tiña un comité nacional de selección.[5] A decisión foi criticada porque países non recoñecidos ou non soberanos como Taiwán, Hong Kong e Porto Rico si podían presentar filmes. A Academia modificou a decisión o ano seguinte e Divine Intervention puido participar.

Notas editar

  1. "Record-Breaking 54 Countries in Competition for Oscar". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 2 de decembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2002. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  2. O filme foi descualificado porque o diálogo estaba completamente en inglés e non nunha lingua estranxeira
  3. O Reino Unido escolleu orixinalmente The Warrior, mais non foi aceptado pola Academia
  4. "UK Hindi film causes Oscar trouble". BBC News. 2002-11-29. Consultado o 2008-09-28. 
  5. Palestinian film denied Oscars entry

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar