Filmes propostos ó mellor filme internacional na 60ª edición dos Óscar

artigo de listas da Wikimedia

Os seguintes 30 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 60ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Dinamarca, España, Francia, Italia e Noruega. O galardón recaeu sobre Dinamarca, co filme Babettes gæstebud.[1] O aclamado filme Der Himmel über Berlin de Wim Wenders, que foi presentado pola Alemaña Occidental, nin sequera foi nomeado malia ser un dos favoritos.

Indonesia presentou un filme por vez primeira, e Cuba fíxoo tamén logo dunha década sen facelo. A Unión Soviética presentou un filme en lingua xeorxiana (que foi producido en 1984 mais foi censurado ata 1987), a India escolleu un filme en támil, e Noruega escolleu o primeiro filme da historia rodado en saami setentrional.

Propostas editar

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
  Alemaña Occidental Der Himmel über Berlin Alemán Wim Wenders Non nomeado
  Arxentina Hombre mirando al sudeste Castelán Eliseo Subiela Non nomeado
  Austria Wohin und zurück - Teil 3: Welcome in Vienna Alemán Axel Corti Non nomeado
  Bélxica Les noces barbares Francés Marion Hänsel Non nomeado
  Brasil Um Trem para as Estrelas Portugués Carlos Diegues Non nomeado
  Canadá Un Zoo la Nuit Francés Jean-Claude Lauzon Non nomeado
  Checoslovaquia Smrt krásných srnců Checo Karel Kachyňa Non nomeado
  China Fu rong zhen Chinés Xie Jin Non nomeado
  Cuba Un hombre de éxito Castelán Humberto Solás Non nomeado
  Dinamarca Babettes gæstebud Dinamarqués e francés Gabriel Axel Premio da Academia
  España Asignatura aprobada Castelán José Luis Garci
Nomeado
  Finlandia Lumikuningatar Finés Päivi Hartzell Non nomeado
  Francia Au revoir les enfants Francés Louis Malle
Nomeado
  Grecia Theofilos Grego Lakis Papastathis Non nomeado
  Hungría Napló szerelmeimnek Húngaro Márta Mészáros Non nomeado
  India Nayakan Támil Mani Ratnam Non nomeado
  Indonesia Nagabonar Indonesio M.T. Risyaf Non nomeado
  Islandia Skytturnar Islandés Friðrik Þór Friðriksson Non nomeado
  Israel I Don't Give a Damn Hebreo Shmuel Imberman Non nomeado
  Italia La Famiglia Italiano Ettore Scola
Nomeado
  Iugoslavia Već viđeno Serbocroata Goran Marković Non nomeado
  México Lo que importa es vivir Castelán Luis Alcoriza Non nomeado
  Noruega Ofelaš (Veiviseren) Saami setentrional Nils Gaup
Nomeado
  Países Baixos Van geluk gesproken Neerlandés Pieter Verhoeff Non nomeado
  Polonia Bohater roku Polaco Feliks Falk Non nomeado
  Suecia Hip Hip Hurrah! Sueco Kjell Grede Non nomeado
  Suíza Si le soleil ne revenait pas Francés Claude Goretta Non nomeado
  Taiwán Osmanthus Alley Chinés Chen Kunhou Non nomeado
  Unión Soviética Repentance Xeorxiano Tengiz Abuladze Non nomeado
  Xapón Zegen Xaponés Shohei Imamura Non nomeado

Notas editar

  1. "The 60th Academy Awards (1988) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 16 de agosto de 2015.