Filmes propostos ó mellor filme internacional na 30ª edición dos Óscar

artigo de listas da Wikimedia

Os seguintes 12 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 30ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Francia, India, Italia, Noruega e Alemaña Occidental. Italia gañou o premio co filme de Federico Fellini Le notti di Cabiria, un drama sobre unha prostituta de Roma que busca en van o amor verdadeiro.[1]

Federico Fellini, director do filme gañador.

O documental mexicano Torero!, non conseguiu obter un nomeamento nesta categoría pero si foi nomeado na de mellor documental.[1]

A dinamarquesa Annelise Hovmand converteuse na primeira muller directora cun filme proposto nesta categoría.

Propostas editar

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
  Alemaña Occidental Nachts, wenn der Teufel kam Alemán Robert Siodmak
Nomeado
  Dinamarca Ingen tid til kærtegn Dinamarqués Annelise Hovmand Non nomeado
  España Calle Mayor Castelán Juan Antonio Bardem Non nomeado
  Francia Porte des Lilas Francés René Clair
Nomeado
  Grecia I limni ton pothon Grego Giorgos Zervos Non nomeado
  India Mother India Hindi Mehboob Khan
Nomeado
  Italia Le notti di Cabiria Italiano Federico Fellini Premio da Academia
  México Torero! Castelán Carlos Velo Non nomeado
  Noruega Ni Liv Noruegués Arne Skouen
Nomeado
  Suecia Det sjunde inseglet Sueco Ingmar Bergman Non nomeado
  Taiwán Amina Mandarín Yuan Congmei Non nomeado
  Xapón Arakure Xaponés Mikio Naruse Non nomeado

Notas editar

  1. 1,0 1,1 oscars.org (ed.). "The 30th Academy Awards (1958) Nominees and Winners". Consultado o 25 de outubro de 2011.