Filipe Guillerme de Orange-Nassau

político español

Filipe Guillerme de Orange-Nassau (en neerlandés: Filips Willem van Oranje-Nassau), nado na vila neerlandesa de Buren, na provincia de Güeldres, o 19 de decembro de 1554 e finado en Bruxelas o 20 de febreiro de 1618, foi un membro da Casa de Orange-Nassau, que se converteu en príncipe de Orange en 1584 e cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro en 1599.

Infotaula de personaFilipe Guillerme de Orange-Nassau

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de decembro de 1554 Editar o valor em Wikidata
Buren (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de febreiro de 1618 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSint-Sulpitius en Dionysiuskerk (Diest) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Príncipe de Orange
10 de xullo de 1584 – 20 de febreiro de 1618
← Guillerme I de Orange-NassauMauricio de Nassau →
Príncipe de Orange
14 de maio de 1584 – 20 de febreiro de 1618
← Guillerme I de Orange-NassauMauricio de Nassau → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Alcalá (histórica) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , comandante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPríncipe de Orange
County of Katzenelnbogen (en) Traducir
Conde de Nassau (pt) Traducir
Count of Vianden (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Orange-Nassau Editar o valor em Wikidata
CónxuxeLeonor de Bourbon (1606–)
PaisGuillerme I de Orange-Nassau Editar o valor em Wikidata  e Anna van Egmont (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsIsabel de Nassau (pt) Traducir, Emília Antwerpiana de Nassau (pt) Traducir, Emília de Nassau (pt) Traducir, Catarina Bélgica de Nassau (pt) Traducir, Carlota Flandrina de Nassau (pt) Traducir, Carlota Brabantina de Nassau (pt) Traducir, Maria de Nassau (pt) Traducir, Ana de Nassau (pt) Traducir, Luísa Juliana de Orange-Nassau (pt) Traducir, Mauricio de Nassau, Justinus van Nassau (pt) Traducir, Frederico Henrique de Orange-Nassau e Maria van Nassau (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Nassau-39

Traxectoria editar

 
Estatua en Buren que representa a Guillerme I e Ana Egmond cos seus fillos Filipe Guillerme e Ana

Filipe Guillerme era fillo de Guillerme I de Orange-Nassau, O Taciturno, e de Ana de Egmond (a súa primeira esposa).[1][2]

Cando o seu pai ignorou a citación do duque de Alba, Fernando Álvarez de Toledo y Pimentel, para regresar a Bruxelas e permaneceu en Alemaña, Filipe Guillerme, daquela un rapaz de 13 anos, estaba a estudar na Universidade Católica de Lovaina de Brabante. Foi detido en febreiro de 1568 e levado a España como refén e, sobre todo, para ser criado como un bo católico e un súbdito leal.[3] A súa nai morrera dez anos antes, en 1558, e el nunca volveu ter contacto co seu pai desde ese momento.

En España, onde permaneceu ata 1596, continuou os seus estudos na Universidade de Alcalá de Henares.

Cando regresou aos Países Baixos, amosou a súa adhesión á causa das Provincias Unidas, que defendeu vigorosamente coa súa irmá, María de Nassau, en contra do seu medio irmán Mauricio de Nassau, con quen disputou o dereito á baronía é á cidade de Breda.

En 1606, recoñecéronselle a Filipe Guillerme os títulos de señor de Breda e de Steenbergen, así como o seu dereito a nomear maxistrados, coa condición de que el mantivese a "unión e a relixión da República". A partir destes nomeamentos, fixo a súa entrada cerimonial na cidade de Breda en xullo de 1610 e desde entón ata a súa morte nomeou regularmente os maxistrados no seu señorío.

Malia instaurar servizos relixiosos católicos no castelo de Breda, non intentou desafiar o predominio do protestantismo calvinista na cidade. Tivo unhas diferenzas cos Estados Xerais en 1613, cando se anulou o nomeamento dunha doutrina católica. El tiña que cooperar co gobernador militar en Breda, o seu medio irmán ilexítimo Xustino de Nassau, incondicionalmente leal aos Estados Xerais.

En 1596, en Fontainebleau, Filipe Guillerme casou con Leonor de Borbón, filla de Henrique I de Borbón-Condé e curmá do rei Henrique IV de Francia, pero morreu en 1618 sen fillos, motivo polo que Mauricio de Nassau puido herdar o título Príncipe de Orange. Como Señor de Diest, Filipe Guillerme deixou ordenado que no momento da súa morte a igrexa parroquial de San Sulpicio desa cidade celebrase unha vez ao ano unha misa fúnebre pola súa alma. En Diest, coñecida como a "cidade Orange", foi sepultado Filipe Guillerme, que pasou a ser coñecido como "o príncipe católico de Orange" porque o seu pai, en 1573, á cabeza da rebelión holandesa, se convertera ao calvinismo protestante.[4]

Títulos editar

Notas editar

  1. "Filips Willem van Oranje". Universidade de Leiden (en neerlandés)
  2. Xenealixía de Filipe Guillerme de Orange-Nassau
  3. Martín Martín, David. "Felipe Guillermo. Un príncipe de Orange en Arévalo". En Academia.edu (en castelán)
  4. Israel, 1998. Páxinas 298-300.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • A. Th. van Deursen, Maurits van Nassau 1567-1625. Bakker. Ámsterdam, 2000. [ISBN 9789035128033] (en neerlandés)
  • Kikkert,J.G. Maurits van Nassau, Aspekt. Soesterberg, 2008. [ISBN 9789059117310] (en neerlandés)
  • Herbert H. Rowen. The Princes of Orange: The Stadholders in the Dutch Republic. Cambridge, Cambridge University Press, 1988. [ISBN 978-0-52134-525-5] (en inglés)
  • Israel, Jonathan I. The Dutch Republic: Its Rise, Greatness, and Fall 1477-1806, 1998. [ISBN 978-0-19820-734-4] (en inglés)

Ligazóns externas editar