Filón (xeoloxía)

Filón, vea ou veta[1] é a designación que se dá en xeoloxía e petroloxía aos corpos foliares de diferentes materiais, ás veces duns poucos milímetros de espesor, incrustados nunha masa rochosa ou rocha.

Un filón de cuarzo, deixada destacada como resultado da meteorización da rocha circundante.

Composición e formación editar

O filón está formado xeralmente por minerais distintos dos presentes na rocha hóspede. Fórmanse cando os constituíntes minerais transportados por unha solución acuosa que se filtran (percolación) a través da rocha son depositados por precipitación. O fluxo hidráulico subxacente ao proceso adoita ser debido á circulación hidrotermal.[2]

Etimoloxía editar

Filón provén do latín filum (fío) e este da raíz indoeuropea *gwhi (filamento).

Vea provén, o mesmo que a acepción biolóxica de vea, do latín vena, que designaba a todo tipo de condutos.

Veta provén do latín vitta (lazo, banda). A palabra latina provén da raíz indoeuropea *wei (dobrar, torcer).[3]



 
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Notas editar

  1. "bUSCatermos; filón". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-07-20. 
  2. "Vein Deposits". Arquivado dende o orixinal o 2013-08-05. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  3. "VETA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2022-07-20. 

Véxase tamén editar