Fielato

establecemento de control sanitario e cobro de impostos

Fielato era o nome popular que recibían as casetas de cobro dos arbitrios e taxas municipais sobre o tráfico de mercancías, aínda que o seu nome oficial era o de estación sanitaria, xa que á parte da súa función recadatoria servían para exercer un certo control sanitario sobre os alimentos que entraban nas cidades. O termo fielato procede do fiel ou balanza que se usaba para a pesada. No Dicionario de la Administración Española de Marcelo Martínez Alcubilla no apartado referente á contribución de consumos, recóllense unha serie de artigos para o correcto funcionamento dos fielatos:

  • Art. 37. Os fielatos serán abertos á saída do sol e pechados á posta do mesmo.
  • Art. 41. Os fielatos centrais recoñecerán e gravarán as especies que concorran a eles ao tempo de entrar e saír dos mesmos.
  • Art. 42: Onde non existan fielatos exteriores deberán establecerse un ou máis interiores segundo esíxano as conveniencias do servizo.
  • Art. 45: Onde só existan fielatos interiores, a circulación de especies para dirixirse a eles, só poderá verificarse polas rúas designadas para o efecto con marcas ou rótulos visibles.
Fielato de Ribadeo na entrada pola parroquia da Devesa
Fielato de Ribadeo na entrada pola parroquia da Devesa

Actualmente os fielatos foron substituídos por outros mecanismos cos que o Estado pode controlar a fiscalidade e a sanidade dos alimentos.

Outros usos editar

O xogador do Athletic Club Koldo Aguirre era coñecido polo sobrenome de O Fielato.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Belda González, Rafael: "Los arbitrios municipales en la Cartagena de mediados del siglo XIX". Revista Murciana de Antropología nº 15, 2008, Páxs. 533-539.
  • Canga-Argüelles, José de: Diccionario de Hacienda. Atlas, Madrid, 1968.
  • Índice alfabético de las mercancías sujetas al pago de los arbitrios municipales. Cartagena, 1955.
  • Martínez Alcubilla, Marcelo: Diccionario de la Administración Española. Tomo primeiro, Madrid, 1886.

Ligazóns externas editar