Ficheiro:Mosteiro San Xulián de Moraime.jpg

Ficheiro orixinal(1.347 × 1.315 píxeles; tamaño do ficheiro: 1,78 MB; tipo MIME: image/jpeg)

Descrición

Muxía (A Coruña)

Conxunto histórico que son espacios urbanos ou agrupacións de bens declarados como tal. Declarado o 18 de agosto de 1972.

O único mosteiro histórico da Costa da Morte, xa exclaustrado desde antigo, é o que hoxe serve de igrexa parroquial de San Xiao de Moraime, a tres quilómetros pola estrada a Muxía. O nome deste concello, que se fai derivar de terra de monxes ou monxía, fala da importancia deste cenobio beneditino vinculado primeiramente ao poder medieval dos condes de Traba e logo priorado de San Martiño Pinario de Santiago. Na actualidade, a igrexa xunto coa casa reitoral e mais o camposanto forman un conxunto de forte personalidade estética dentro do románico rural galego. O templo é de planta basilical con tres naves de boa altura e tres ábsidas. No exterior, amosa un orixinal adro cuberto con escalinata descendente cara á porta principal. O ambiente semisoterreado de escuridade e humidade produce unha estraña impresión de catacumba acrecentado pola porta en si, flanqueada a cada lado por tres pares de estatuas-columnas sobre as que se erguen tres arquivoltas profusamente decoradas con personaxes. Máis luminosa, a porta lateral sur ofrece fermosos chapiteis e unha escena da Última Cea no tímpano exterior e polo seu reverso interior decórase co Agnus Dei. Malia as difíciles condicións de conservación, no interior aprézanse aínda restos das sorprendentes pinturas que cubrían todo o lateral hoxe interpretadas como representacións dos sete pecados capitais e a morte. O recinto acompáñase coa Casa Reitoral, pendente de rehabilitación integral que recupere a súa pacega estrutura con solaina, pombal e horta xa irrecoñecible.

O mar de Muxía, xa próximo, tamén reclama unha visita cargada de relixiosidade e devoción popular nas famosas pedras do Santuario da Barca.
Data
Orixe originally posted to Flickr as Mosteiro San Xulián de Moraime
Autoría amaianos
Licenza
(Reuso deste ficheiro)
A carga desta imaxe no Commons, publicada orixinalmente no Flickr, levouna a cabo Lmbuga o día 3 de xaneiro de 2010, 19:48 coa axuda do Flickr upload bot. Nesa data, o ficheiro estaba baixo a licenza indicada a continuación.
w:gl:Creative Commons
recoñecemento
Este ficheiro está licenciado baixo a licenza Creative Commons recoñecemento xenérico 2.0.
Vostede é libre de:
  • compartir – copiar, distribuír e difundir a obra
  • facer obras derivadas – adaptar a obra
Baixo as seguintes condicións:
  • recoñecemento – Debe indicar a debida atribución de autoría, fornecer unha ligazón á licenza e indicar se se realizaron cambios. Pode facer isto de calquera forma razoable, mais non nunha forma que indique que quen posúe a licenza apoia ou subscribe o seu uso da obra.

Pés de foto

Engada unha explicación dunha liña do representa este ficheiro

Elementos retratados neste ficheiro

representa a

Historial do ficheiro

Prema nunha data/hora para ver o ficheiro tal e como estaba nese momento.

Data/HoraMiniaturaDimensiónsUsuarioComentario
actual3 de xaneiro de 2010 ás 19:48Miniatura da versión ás 19:48 do 3 de xaneiro de 20101.347 × 1.315 (1,78 MB)Flickr upload botUploaded from http://flickr.com/photo/24326886@N03/3257886921 using Flickr upload bot

A seguinte páxina usa este ficheiro:

Metadatos