Festival de jazz de Montreux

O Festival de Jazz de Montreux é un festival anual de jazz creado en 1967, que leva a cabo en Montreux, Suíza fronte ao Lago Léman. É internacionalmente o máis coñecido dos festivais de música de Suíza. Orixinalmente o festival concentrábase unicamente en música de jazz, pero a partir da década de 1970 abriuse a outros estilos de música, aínda que o jazz é a parte máis importante do festival. A asistencia ao festival pode chegar a acadar unhas 200.000 persoas.

Actuacións editar

Entre os artistas que se presentaron no Festival de Montreux atópanse Ray Charles, Gary Moore,Camarón da Illa ,Charles Mingus, Marvin Gaye, Fito Páez, Lito Vitale, Hermeto Pascoal, Jamiroquai, entre outros.

A edición de 2005 tivo lugar do 1 ao 16 de xullo coa participación entre moitos outros de Isaac Hayes, Billy Preston, B. B. King, Crosby, Stills e Nash, Alice Cooper e George Benson.

Gravacións en DVD editar

Hai varios DVD que mostran unha serie de grandes artistas de diversos xéneros actuando no festival. A serie, titulada 'Live at Montreux', inclúe actuacións de artistas como:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar