Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1946

primeira edición do Festival de Cannes
(Redirección desde «Festival de Cannes 1946»)

A 1ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes celebrouse do 20 de setembro ao 5 de outubro do ano 1946. Vinte e dous países presentaron os seus filmes na "Primeira Edición do Festival", que se celebrou no antigo Casino de Cannes. Só un ano despois do remate da segunda guerra mundial, a maioría dos filmes versaron sobre a guerra.[1] Houbo varios problemas técnicos, como a cuberta de lona que se desprendeu nunha tormenta o día anterior á publicación dos gañadores, os carretes de "Notorious" de Hitchcock amosáronse en orde inversa e o filme The Three Musketeers de George Sydney proxectouse do revés.[2]

Texto de Georges Huisman, creador do Festival de Cannes (1950).

Durante o festival, o xurado estivo composto por un representante por cada país, sendo o historiador e home de estado Georges Huisman o Presidente do Xurado. Con máis énfase na creatividade que na competitividade, dezaoito nacións presentaron os seus filmes. Once deles compartiron o primeiro Grand Prix do Festival Internacional.[3][4][5]

Georges Huisman, home de estado e historiador, creador do festival, foi o presidente das tres primeiras edicións. O premio máximo entregado levaba o nome de Grand Prix du Festival, ata o ano 1955 que cambiou a Palme d'or.

Notas editar

  1. fresques.ina.fr (ed.). "1938-1951: The birth of the Festival". Consultado o 28 de maio de 2017. 
  2. intercontinental-carlton-cannes.com (ed.). "1st Cannes Film Festival". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  3. history.com (ed.). "First Cannes Film Festival". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  4. cinema-francais.fr (ed.). "1ère Festival International du Film - Cannes" (en francés). Consultado o 5 de xuño de 2017. 
  5. cannes-fest.com/ (ed.). "1946 - Cannes, ville ouverte (Cannes, open city)" (en francés). Consultado o 27 de xuño de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.