Festival Internacional do Mundo Celta

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira é un festival de música folk tradicional das nacións celtas que en 2018 cumpriu 40 anos[1]. Celébrase cada verán na segunda fin de semana de xullo na vila costeira de Ortigueira, situada no norte da provincia da Coruña. O evento está declarado festa de interese turístico internacional.

Festival Internacional do Mundo Celta
Localización Ortigueira, Galicia
Anos 1978–1987, 1995–presente
Nº edicións 32
Fundadores Escola de Gaitas de Ortigueira
Data Catro días, en xullo
Xénero Folk
Organizador Concello de Ortigueira
Web oficial www.festivaldeortigueira.com
Na rede

O escenario principal sitúase no porto, con actuacións de grupos de música celta de gran nivel e fama internacional, coma Alan Stivell ou The Chieftains, entre moitos outros. Así mesmo, ata a edición do ano 2010 nos arredores do porto situábase un escenario menor no que se daban cita grupos noveis, chamado Proxecto Runas, na actualidade o proxecto de novos grupos ten lugar no escenario principal na noite do xoves. Na praia de Morouzos e no piñeiral habilítase o espazo para que acampe a xente que acode ao festival.

É o maior festival celta canto a número de asistentes de toda a Península Ibérica (con miles de asistentes en cada edición).

En 2022 foron Premio Martín Códax da Música.

Grupos participantes no Festival editar

Entre os grupos que participaron nas distintas edicións do festival destacan grupos galegos como Milladoiro, Luar na Lubre ou Berrogüetto, ademais de grupos internacionais como The Chieftains ou Ialma.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. P., E. (30 de maio de 2018). "Milladoiro, nos 40 anos do Festival de Ortigueira". Galicia Confidencial. Consultado o 31 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar