Festa do albariño

A Festa do albariño é unha festa vinícola que se celebra en Cambados o primeiro domingo do mes de agosto. E a máis antiga do seu tipo en Galicia, e a segunda de España. Está declarada de Interese Turístico Nacional, e congrega arredor de 150.000 persoas, o que fai desta cita unha das máis importantes do calendario festivo galego.

Escultura do deus Baco, de Francisco Leiro.

Orixe editar

A orixe desta festa foi un desafío no 1953 de Bernardino Quintanilla ó seu amigo Ernesto Zárate para demostrar cal era o mellor albariño da colleita de 1952.

Desenvolvemento da festa editar

A festa ten dúas caras. Unha máis pública, que se caracteriza por unha serie de espectáculos musicais e pirotécnicos, exposicións, competicións deportivas, talleres e cursos sobre os aspectos produtivos do albariño e unha degustación colectiva. A segunda cara, confórmana os actos oficias, concretamente o desfile do Capítulo Serenísimo do Albariño, que o domingo da festa sae dende a praza do concello ata o Pazo de Fefiñáns, en cuxo patio de armas se dá o acto de nomeamento das Damas e Cabaleiros de Honra. Nese momento, o Gran Mestre da Orde toca ós elixidos cunhas follas de vide, dálles a beber unha copa de viño, entrégalles a medalla e vísteos coa capa do Capítulo. Tamén se fan entrega de distincións e nomeamentos de Xóves Albariñenses, Albariñenses de Honra e Follas de Prata.

Despois da celebración deste nomeamento, ten lugar un xantar oficial na cal se fan públicos os tres albariños premiados no certame da cata.

As peñas editar

 
Baixada ata a Calzada.
 
A Calzada.
 

O que máis destaca e se fai ver ó longo dos días en que se desenvolve a Festa do Albariño son as peñas que dan colorido e ambiente á festa coas súas camisetas. Esta tradición é de orixe máis recente. Cada peña deseña unha camiseta na que destacan principalmente dúas cousas: un lema e unha representación gráfica. As peñas adoitan a repetir o seu lema ano tras ano, coma son os caso de É mellor que faga dano ca que se perda, Cheghar e encher e Unha Grande Chea. Nas últimas edicións o concello promove un concurso de camisetas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar