Un festón (do francés feston, italiano festone, do latín tardío festo, orixinalmente unha grilanda festiva, latín festum, festa) é unha coroa ou grilanda que pendura de dous puntos, e en deseño e arquitectura adoita ser un adorno tallado que representa unha disposición de flores, follaxe ou froita unida e suspendida por cintas.[1]

Debuxo dun festón simple.

Orixes e deseño editar

A súa orixe débese probablemente á representación en pedra das guirlandas de flores naturais, etc., que se colgaban sobre a porta da entrada os días de festa ou que se colgaban arredor dun altar.[1][2]

O deseño foi empregado en gran medida tanto polos antigos gregos como polos romanos e formou a principal decoración de altares, frisos e paneis.[2] Nos extremoso festón ven atado ás veces con lazos retorcidos; cando ademais o extremo do follaxe queda suspendido, denomínase margent.[1]

O motivo utilizouse máis tarde na arquitectura neoclásica e nas artes decorativas, especialmente na cerámica e na obra dos prateiros. As variacións sobre o deseño exacto son abundantes; por exemplo, as cintas poden estar suspendidas dun decorado, ou suxeitadas nas bocas duns leóns, ou suspendidas sobre os cornos dos bucráneos.

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Chisholm, Hugh, (1911). "Festoon". Encyclopædia Britannica (Cambridge University Press) 10 (11): 294. 
  2. 2,0 2,1 Sturgis, Russell (1901). A Dictionary of Architecture and Building. Macmillan.