Ferzan Özpetek, nado en Istambul o 3 de febreiro de 1959, é un director cinematográfico turco que vive e traballa en Italia dende finais dos anos setenta.

Ferzan Özpetek
Nacemento3 de febreiro de 1959
Lugar de nacementoIstambul
NacionalidadeItalia e Turquía
Alma máterAccademia Nazionale d'Arte Drammatica Silvio D'Amico e Universidade de Roma La Sapienza
Ocupacióndirector de cinema, guionista, xornalista e director de ópera
IrmánsZeynep Aksu
Coñecido porThe Ignorant Fairies, La finestra di fronte, Hamam, Harem Suare, Napoli velata, Mine vaganti e Saturno contro
PremiosGlobo d'oro for best direction, David di Donatello, sen etiquetar, Nastro d'Argento for Best Screenplay e Globo de ouro
Na rede
http://www.ferzanozpetek.com
IMDB: nm0654858 Allocine: 13917 Allmovie: p205634 TCM: 544984 TV.com: people/ferzan-ozpetek Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Ferzan Özpetek (á dereita) xunto con Giorgio Napolitano

Traxectoria editar

Özpetek chegou a Italia como estudante universitario e estudou historia do Cinema na Universidade La Sapienza de Roma. Completou a súa formación frecuentando cursos de historia da Arte e da Moda na Accademia Navona e cursos de dirección na Accademia de Arte Dramática Silvio D'Amico. Conseguiu achegarse ao mundo do cinema e iniciou colaboracións como asistente e auxiliar de dirección de Massimo Troisi, Maurizio Ponzi, Ricky Tognazzi e Francesco Nuti.

O seu debut cinematográfico como director produciuse en 1997 co filme Il bagno turco (Hamam), que conseguiu un grande éxito de crítica e público. En 1999 realizou Harem Suare que, como no seu primeiro filme, fala do seu país natal. Nos seguintes anos gravou Le fate ignoranti e La finestra di fronte, os seus maiores éxitos, que lle proporcionaron moitos premios e recoñecementos.

Coa colaboración de Gianni Romoli e Tilde Corsi, realizou en 2005 Cuore Sacro. En 2007 publicou Saturno Contro, un filme caracterizado por ter un casting moi rico que inclúe actores do talle de Pierfrancesco Favino e Ambra Angiolini, ademais de Margherita Buy e Stefano Accorsi, cos que xa traballara en Le fate ignoranti.

Özpetek formou parte do xurando no Festival de Venecia do 2007 e recentemente rodou un anuncio para a AIRC, Associazione Italiana Ricerca sul Cancro, protagonizado por Isabella Ferrari. En 2008 fixo a adaptación cinematográfica da novela de Melania Gaia Mazzuco Un giorno perfetto.

Özpetek é un director abertamente gay e trata habitualmente a homosexualidade nos seus filmes. Este tema ten especial relevancia en Il bagno turco e Le fate ignoranti.

Filmografía editar

Asistente de director editar

  • Il tenente dei carabinieri (1986)
  • Il maestro del terrore (1988, TV)
  • La Scorta (1993)
  • Anche i commercialisti hanno un'anima (1994)
  • Il Branco (1994)

Director editar

Premios editar

Estes son algúns dos premio obtidos por Ferzan Özpetek polos seus traballos:

  • Finestra di Fronte[1]:
    • Premio David di Donatello
      • Mellor filme
    • Scholars Jury Award
      • Mellor Dirección
    • Sindicato Nacional de Xornalistas de Cinema Italiano
      • Mellor historia orixinal (xunto con Gianni Romoli)
    • Karlovy Vary International Film Festival
      • Mellor Dirección
      • Crystal Globe para Ferzan Özpetek
    • Bangkok International Film Festival
      • Mellor filme
    • Foyle Film Festival
      • Mellor filme
    • Rehoboth Beach Independent Film Festival, Audience Award
      • Mellor filme
    • Seattle International Film Festival
      • Mellor filme
  • Il Bagno Turco (Hamam)[2]
    • Golden Orange (Antalya International Film Festival)
      • Mellor filme
      • Mellor dirección
    • Sindicato Nacional de Xornalistas de Cinema Italiano, Premio Silver Ribon
      • Mellor Produtor
  • Le Fate Ignoranti [3]
    • Austin Gay & Lesbian International Film Festival
      • Mellor Filme
    • New York Lesbian and Gay Film Festival
      • Mellor Filme

Notas editar