Ferrari 500
Ferrari
Información
País Italia Italia
Fabricante Ferrari
Deseñador Aurelio Lampredi
Produción 1951-1953
Predecesor Ferrari 375 F1
Sucesor Ferrari 625 F1
Longo 3.800 mm
Largo 1.400 mm
Alto 1.050 mm
Peso 560 Kg.
Chasis Tubular
Suspensión
Motor 4 cilindros en liña
Potencia 1,984 cc
Transmisión transmisión manual de 4 velocidades + retroceso non sincronizada montada nun bloque con diferencial autoblocante ZF
Tracción Posterior
Freos
Prestacións
Pneumáticos Pirelli
Debut Gran Premio de Modena de 1951
Pilotos Alberto Ascari, Nino Farina, Luigi Villoresi, Piero Taruffi, Mike Hawthorn
Carreiras 15 (oficiais)
Gañadas 14
Poles 13
Voltas rápidas 9
Camp. Cons. 0
Camp. Pilt. 2 (1952-1953)
* "Scuderia Ferrari Formula 1" [Páxina Web oficial da Scuderia Ferrari] (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2019. 

O Ferrari 500 foi un coche de Fórmula 2 deseñado por Aurelio Lampredi que participou no campionato mundial de Fórmula 1 de 1952 e 1953. Tamén foi o primeiro Ferrari deseñado cun motor que non era de 12 cilindros. Con este coche Alberto Ascari gañou o título de campión mundial en 1952 e 1953.

Para 1952, a FIA anunciou que os Grandes Premios puntuables para o Campionato Mundial de Pilotos disputariase cas especificacións da Fórmula 2 en lugar das de Fórmula 1, tras a retirada de Alfa Romeo do deporte. Ferrari foi o único equipo que tiña un coche deseñado especificamente para a nova fórmula. O coche foi impulsado por un motor de catro cilindros en liña que foi montado detrás do eixo dianteiro, mellorando así a distribución do peso. Alberto Ascari utilizou o coche para gañar o seu primeiro campionato do mundo, gañando todas as carreiras menos unha co sinxelo 500. A carreira perdeuse porque Ascari estaba pilotando o Ferrari de 4´5 litros nas 500 Millas de Indianápolis, con todo, Ferrari gañou a outra carreira na que tamén estivo ausente. A seguinte tempada, Ascari gañou o seu segundo campionato do mundo, e Ferrari gañou todas menos a última carreira, a cal foi gañada por Juan Manuel Fangio, de volta á competición logo dun accidente que danou o seu pescozo.

Ascari gañou 9 carreiras consecutivas co 500, unha marca que segue en pé hoxe en día. O 500 gañou todas as carreiras nas que paricipou agás unha (14 de 15), polo que é o segundo coche estatisticamente máis exitoso na historia do campionato do mundo FIA, logo do McLaren MP4 / 4, que non puido gañar unha das súas 16 carreiras (15 de 16).

625 F1 editar

Para a tempada de 1954 foi o retorno ás regulacións de motores de Fórmula Un, o chasis dos Ferrari 500 foron modificados para o novo regulamento co motor 625 de 2´5 litros que gañaría dúas carreiras máis, unha en 1954 e 1955, aínda que non foi o suficientemente rápido en comparación co Mercedes-Benz W196 e o Maserati 250F. A pesar de dous novos modelos que aparecen durante este período, o 625 non se substituíu por completo ata 1956, cando Ferrari comezou a usar o chasis D50 comprado xunto co equipo Lancia de Fórmula Un.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar