Ferrari 195 Inter

Ferrari 195 Inter
1951 195 Inter
Ferrari
Información
País Italia
Fabricante Ferrari
Produción 1950-1951, 27 unidades
Sucesor Ferrari 212 Inter
Carrocería Cupé
Motor V 12 de 60º e 2341 cc
Potencia 130 cv a 6000 rpm.
Longo
Largo
Alto
Peso 950 kg.
Tracción Traseira, caixa de cambios manual de 5 velocidades
Suspensión Independente dianteira
Freos Tambor nas 4 rodas
Prestacións 192 km/h., aceleración 0-100: 9.9 s.
Pneumáticos
Outros datos
[1]

O 195 Inter é un gran turismo producido por Ferrari en 1950, semellante ao 166, diferenciándose fundamentalmente no seu motor, o V12 de 60 graos subiu a súa cilindrada a 2341 cc, elevando ademais a súa potencia ata os 130 HP. A súa velocidade final é de 192 km/h e aceleraba de 0 a 100 km/h en 9.9 segundos. Presentado no Salón do automóbil de París de 1950, estaba dirixido aos clientes adiñeirados. Do mesmo xeito que o último dos 166 Inters, a distancia entre eixes aumentouse 80 mm a 2500 mm, pero a versión de 2´3 L (2.341 cc) do motor Colombo V12 foi o verdadeiro elemento diferenciador. Foron construídas 27 carrozarías en menos dun ano. O máis potente (pero polo demais similar) Ferrari 212 Inter foi presentado no Salón de París de 1951 e sobreviviu ao 195.

Exteriormente o 195 Inter non tivo moitos cambios respecto ao 166 Inter. A venda da nova versión foi menor á do seu antecesor, 27 modelos do 195 contra 36 do 166.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar