Fernando Tallón Cabana
político e mestre galego
Fernando Tallón Cabana, nado en Cariño en 1944, é un político e mestre galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 (79/80 anos) Cariño, España |
Alcalde de Cariño | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , mestre |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Traxectoria editar
Mestre. Foi Patrón Maior da Confraría de Cariño entre 1990 e 1995. Encabezou a candidatura do PPdeG cariñés nas eleccións municipais de 1995 e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Foi reelixido en 1999 con maioría absoluta, se ben perdeu votos en favor dos grupos da oposición. Nas municipais de 2003 foi derrotado polo PSdeG-PSOE, polo que pasou á oposición. Retirouse da política en 2007[1].
Predecesor: José Luis Armada Castro |
Alcalde de Cariño 1995 - 2003 |
Sucesor: José Luis Armada Castro |