Fernando Taboada Zúñiga

político galego

Fernando Taboada Zúñiga, nado en Monforte de Lemos en 1894 e finado en Sarria en 1982, foi un político galego.

Infotaula de personaFernando Taboada Zúñiga
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor em Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor em Wikidata
Morte1982 Editar o valor em Wikidata (87/88 anos)
Sarria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJosé Taboada Zúñiga Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José Taboada Rodríguez Varela de Temes e Paz Zúñiga Laporte e irmán de José Taboada Zúñiga. Foi nomeado alcalde de Sarria en outubro de 1923. Foi nomeado deputado provincial de Lugo en abril de 1927,[1] e elixido vicepresidente da Deputación de Lugo en maio.[2] Formou parte do Padroado da Misión Biolóxica de Galicia en representación dos agricultores de Sarria.[3] Na República foi elixido concelleiro de Sarria na repetición das eleccións municipais en maio, tomando posesión o 5 de xuño.[4][5] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Sarria trala renovación da corporación polo asasinato de Manuel Saco Rivera, tomando posesión o 21 de outubro. Cesou no cargo o 17 de maio de 1939.


Predecesor:
Antonio Valiña Somoza
  
Alcalde de Sarria
 
1923 - 1924
Sucesor:
Fermín Somoza García
Predecesor:
Matías Vázquez Rodríguez
  
Alcalde de Sarria
 
1938 - 1939
Sucesor:
Manuel López Mosteiro

Vida persoal editar

Casou con María de los Ángeles Rivera González de la Rocha (1898-1939) e foi pai de María Teresa, Fernando e José Manuel Taboada Rivera.

Notas editar

  1. El Ideal Gallego, 3-4-1927, p. 2.
  2. El Progreso, 3-5-1927, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 20-2-1931, p. 8..
  4. Concello de Sárria (1931)
  5. La proclamación en Sarria

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar