Fernando Pérez Barreiro

xornalista, escritor e político galego

Fernando Pérez Barreiro, nado en Viveiro o 22 de decembro de 1896 e finado en Ferrol o 19 de agosto 1968,[1] foi un xornalista, escritor e político galego.

Infotaula de personaFernando Pérez Barreiro
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1896 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 1968 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFernando Pérez-Barreiro Nolla Editar o valor em Wikidata
IrmánsPedro Pérez Barreiro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Cursou estudos da carreira eclesiástica, que non rematou, e licenciouse en Dereito na Universidade Central. Exerceu a avogacía e a docencia en Viveiro e trasladouse a Ferrol, onde se dedicou activamente á política. Foi presidente da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) local e impulsor do Sindicato Católico Agrario, inspirado polas ideas de Eugenio Vázquez Gundín. Foi presidente de Acción Popular e deputado a Cortes en 1936, pero foi anulada a súa elección pola Fronte Popular. Colaborou en El Departamento de Ferrol e dirixiu Pro Neutralidad, La Sirena del Norte, La Voz de la Verdad, La Verdad e El Correo Gallego (en dúas ocasións).

Vida persoal editar

Casou en 1926 con Matilde Nolla López e foi o pai do escritor e tradutor Fernando Pérez-Barreiro Nolla.

Obras editar

  • Pavesas de la hoguera, 1912.
  • Andrómenas, 1922.
  • Virgen y Mártir, novela aparecida en Heraldo de Vivero.
  • El Digesto no indigesto. Anecdotario forense del humorismo galaico, 1952 (serie de textos en castelán nos que os personaxes populares empregan o galego).
  • Ducia e pique de fábulas. Atiriño prá un fabulario gallego, 1954.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-8-1968, p. 20.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar